Horto

Iniciamos as actividades do horto, curso 18/19

HORTA ESCOLAR FRIÁN 2019/19

 

Iniciamos o curso asinando un acordo de colaboración coa Asociación Amigos da Terra, dentro dun proxecto de creación da Rede de Hortas Ecolóxicas Escolares de Vigo, impulsado pola Xunta de Galicia. Un compromiso que supón a formación do profesorado, a posta en práctica dos principios de agricultura ecolóxica na nosa horta e o traballo en equipo.

Comezamos as actividades no mes de novembro, coa axuda dun asesor facilitado pola asociación, que traballou con dous grupos de EI e outros dous de Primaria. Aireamos e abonamos a terra, limpámola e plantamos repolos, cebolas, chícharos e allos.

 

No seguinte video podedes ver o resultado deste traballo.

 

Powered by Drupal - Design by artinet