Traballos Alumnos/as

Obradoiros en 6º de primaria durante o primeiro trimestre

Durante o primeiro trimestre tivemos tres tipos de obradoiros:

-Obradoiro de Igualdade do programa do Concello “Camiña con nós pola Igualdade”.

-Obradoiro de prevención da Drogodependencia organizado polo Concello.

-Obradoiro de Sexualidade, impartido por Marisol, matrona do Sergas.

Continuamos cos debates en sexto

 

     O alumnado de sexto segue coa iniciativa de facer debates cos temas que máis lle preocupa. Iniciamos as sesións dos debates co tema: “CASTIGOS SI versus CASTIGOS NON”. Debido as características do horario escolar non deu tempo a rematar. Quiseron seguir con este mesmo tema pero engadindo unha premisa máis. Argumentaron as súas ideas sobre si os castigos deben ir en “piña” , é dicir, toda a clase en conxunto  se non se sabe que alumnado non respectou as normas do noso regulamento de clase. Por iso, o seguinte debate titúlase:

“ CASTIGOS EN PIÑA SI versus  CASTIGOS EN PIÑA NON “.

 

       Lembrando as palabras  do noso moderador: “ Desfrutade do debate”

 


Seguiremos traballando a argumentación!!

 

 

Debatindo en 6º na área de "Valores"

 

 Na área de Valores traballamos a argumentación das nosas opinións, defendendo os nosos ideais e respetando as ideas dos demais.

  Organizamos debates cos temas elexidos por votación entre todos e todas. Repartimos os diferentes papeis:

 

  • moderador ou moderadora,

  • dous equipos que defenden distintas visións dun mesmo tema,

  • e o público

 

  Preparamos as nosas exposicións e……

 

                            Comezan os debates de Sexto!!

 

1. CASTIGOS SI, CASTIGOS NON

 

Instrumentos meteorolóxicos

O alumnado de 5º está estudando no proxecto "Frianexpress" o clima e o tempo atmosférico, tamén achegouse a figura de Baltasar Merino prestixioso metereólogo, no mes da Ciencia; así que, con materiais de refugallo e moitísima imaxinación cronstruiron diferentes instrumentos meteorolóxicos: pluviómetros, viraventos, anemómetros...

Todos eles están expostos na entrada do colexio, e os podes ver no seguinte vídeo.

Preparados/as, listos/as...!

Nas aulas abalar de 5º e 6º comezamos este curso 17/18 co proxecto “Preparados/as, listos/as,...”  facendo un percorrido polos países de Europa e polas Comunidades Autónomas e provincias de España.


 En sexto fixemos rimas cos nomes dos países  da Unión Europea, cos seus xentilicios  e as súas capitais. O noso traballo“Xogamos con bandeiras” quedou así de divertido:

 

 

En quinto realizamos unha  investigación a partir dos escudos das autonomías;  así descubrimos as Comunidades autónomas e as súas provincias. Así quedou:

 

Powered by Drupal - Design by artinet