Venres de Viva Voz

5ºA e o Mar de Ardora

 

 O alumnado de 5ºA presentamos no noso Venres de Viva Voz "O Mar de Ardora ou Ardentía".

Se unimos o mes da Ceincia, os experimentos feitos en 5º de fluorescencia e o proxecto deste ano "Vigo, cidade de cores" temos que investigar sobre o curiosísimo mar de estrelas que ás veces podemos desfrutar en Cíes ou Ons, presta moita atención e verás de que estamos a falar:

 

Grazas 5ºA!

2ª parte: "A Historia de Vigo en 9 minutos"

A segunda  entrega da historia de Vigo  está realizada por 6ºB. Continuamos o traballo iniciado por 6ºA e facemos un percorrido dos acontecementos máis importantes da nosa cidade dende o século XV ata os nosos días.

     Desfrutade da nosa historia:

 

GRAZAS 6ºB!

Venres de Viva Voz 19/20

 Comezamos un ano máis cos “Venres de Viva Voz”, actividade para mellorar a competencia lingüística do noso alumnado. Cada aula prepara unha exposición oral sobre a temática do noso PDI (Proxecto Documental Integrado). Este curso traballamos baixo o título de “Vigo, cidade de cores”. Queremos render tributo a nosa cidade, investigando e coñecendo o noso entorno máis inmediato.

Esta sección da biblioteca gravámola os venres e este ano empeza polo alumnado de sexto de primaria.

 

      COMEZAMOS A ANDAINA DOS VENRES DE VIVA VOZ!



  O alumnado de sexto e quinto de primaria arrancamos este curso cun proxecto de historia: “A vida antes do Fortnite e Harry Potter”.                   

Entón en decidimos facer o noso Venres de Viva Voz sobre a historia de Vigo

 A primeira entrega deste traballo está realizada por 6ºA. Facemos un percorrido pola Prehistoria, Romanización e Idade Media acontecida na nosa cidade. 

 

             Prestade moita atención!!

Powered by Drupal - Design by artinet