Skip to Content

Blog de biblioteca

Proxecto 23-24: Os insectos

Durante este curso, Biblioforte aposta por traballar nun proxecto educativo sobre os insectos para potenciar o coñecemento e a proctección dos nosos insectos, a dinamización do espazo esterior do centro, o contacto coa natureza, a alfabetización múltiple...

Aquí vai unha selección de recursos para ir empezando.

Ánimo!!!!

 

 

Biblioforte: Familias, selección de fondos.

 

Selección aberta a novas incorporacións.

Horario atención, equipo biblioteca.

Biblioforte, un espazo aberto a toda a comunidade educativa.

Para a súa dinamización e xestión ten asinado un equipo de biblioteca co seguinte horario:

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS - VERÁN 2023

 

Os que preferides a lectura dixital lembrade que tedes a vosa disposición a PLATAFORMA DE PRÉSTAMOS DE CONTIDOS DIXITAIS ELBE-2.

 

PATIOS VIVOS: COÑECENDO E COIDANDO O NOSO ENTORNO NATURAL

 

O penúltimo día de clase o alumnado de baixa á biblioteca coa ilusión de coñecer o novo material comprado sobre os insectos.

 

 

Tiveron ocasión de ver o ciclo de vida dunha formiga, dunha xoaniña e dunha abella,

 

asistir a impresión dunha formiga na impresora 3D,

coñecer diferentes tipos de hoteis de insectos

e posteriormente saír ao patio

 

a colocar dous hoteis de insectos, dous hoteis elaborados en material reciclado por nos mesmos.

 

 

Con estes dous hoteis  agardamos poidan ter aquí un fogar agarimoso e así contribuír ao coidado da natureza.

 

 

 

 

Vémonos en setembro!!!!

 

 

 

OS VENRES... UN CONTO: Todos contra el Bullying polo Grupo de Teatro de Jairo, Dulce e Nayara

 

 

O venres 10 de xuño tivemos a sorte de desfrutar dunha obra de teatro excepcional, Todos contra el bullying,

 

 

 

 

 

 

Unha obra escrita, dirixida e interpretada por 3 grandes actores: Jairo, Dulce e Nayara.

 

 

 

Excelente temática e interpretación merecedora dunha gran ovación do público asistente.

 

Vaia o noso agradecemento a todo o alumnado polo seu entusiasmo e ganas de compartir saberes.

 

O vindeiro curso agardamos seguir contanto coa colaboración de todos.

 

 

 

 

FILMOTECA INCLUSIVA - AUTODESCRICIÓN

FILMOTECA INCLUSIVA – CINE con autodescrición

Selección cinematográfica con autodescrición, cine accesible ás  persoas cegas ou con dificultade visual.

El regalo

Out of Sight.

Pip universidad canina

l

Los colores de las flores

Hombre indiferente

 

Nunca digas no puedo

El desafío a la muerte

For the birds

Alma

Supermisil

Juguetero

Coco

Planeta 51

Grazas a todas aquelas persoas que contribúen a facer o cine accesible a todos.

 

MARATÓN DE LECTURA NO PATIO

 

 

Alumnado, coidadoras e profesorado celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente lendo no patio durante a Hora de Ler.

Cada 5 de xuño celébrase mundialmente o día do medio ambiente coa finalidade de concienciarnos sobre a importancia de protexer o noso planeta e promover accións individuais e colectivas a prol da conservación do medio.

Desde a biblioteca, prográmase a hora de ler deste día no patio, cunha triple finalidade: a educación no coidado dos espazos verdes do cole, a lectura e a inauguración do novo equipamento instalado no exterior grazas a dotación económica recibida do programa de Bibliotecas Escolares PLAN LIA. Programa que nos permitiu modernizar a nosa biblioteca a nivel de instalacións, fondos e prestacións (E-ELBE 2, KOHA,). Pero ademais das melloras realizadas no interior do centro hoxe pareceunos un estupendo día para inaugurar o equipamento que a biblioteca ven de instalar no exterior: dúas casiñas minibibliotecas, coa finalidade de fomentar a lectura libre no exterior , e unha pérgola que agarda ser un punto de encontro para ler, investigar e experimentar, un laboratorio de experiencias múltiples instalado nun entorno natural que nos permitirá observar , estudar e coidar a natureza.

 

Con estas novas instalacións a biblioteca abre as portas ao exterior para favorecer a alfabetización múltiple ,aproveitando o entorno natural do noso centro e fomentar unha educación saudable e respectuosa co medio ambiente nun entorno natural e acolledor.

 

Así foi a nosa Hora de Ler este 5 de xuño de 2023:

 

Rematado o recreo, o alumnado xa non sube as aulas; cada quen diríxese a súa zona de lectura, previamente anunciada por megafonía.

 

No patio de infantil: alumnado de 4 e 5 anos cos padriños lectores de 5º de primaria

 

 

Na zona do pavillón: alumnado de 3º, 4º e 5º.

 

 

 

No patio próximo a biblioteca: alumnado de 1º e 2º.

 

 

 

Na pérgola: alumnado de 3 anos e alumnado de 6º.

Optamos por inauguran esta instalación cunha lectura solidaria na que participan o alumnado que se incorporau este curso ao centro e o alumnado que remata primaria. A cada neno/a de 3 anos un ou dous alumnos de 6º lles le un conto, xunto a outros compañeiros de 6º que incentivan á lectura co seu exemplo lector.

 

 

 

 

 

 Unha fermosa experiencia para repetir moitas veces.

 

INTERCENTROS TEATRAL: O CEIP MONFORTE VISITA O CEE INFANTA ELENA

O grupo de teatro do CEIP Monforte comeza a semana cunha actuación no CEE Infanta Elena.

É para os nosos actores un orgullo poder visitar os centros de Monforte para representar a súa obra.

Grazas a todos!!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut