Skip to Content

Axenda cultural

TEATRO no HOGAR SAN JOSÉ

Día de San Xosé: Encontro interxeneracional.

(Xiana, Claudia, Uxía, Clarisa, Aldara, Carolina e Ánxela as 7 actrices, guionistas, produtoras... e maquilladoras que este 19 de marzo realizan a representación teatral “Las cinco cerditas” en el Hogar San José. Hermanitas de los Ancianos Desamparados)

 

Levabamos tempo querendo retomar a relación cos nosos veciños os anciáns do asilo. O éxito da representación teatral no colexio levounos a pensar que este sería un bo xeito de retomar esa relación, e que mellor día co 19 de marzo, santo que da nome a este Hogar,  A illusionante acollida por parte das persoas responsables do asilo e de Lucía, a súa dinamizadora, como das familias das nosas actrices fixo posible esta actuación e xornada de encontro interxeneracional.

(Sesión de maquillaxe)

(Durante a representación)

(Presentación e agradecementos)

(Charla interxeneracional. "na vida sede sinceras e boas persoas").

(Foto con personas do público)

 

(ao rematar a actuación)

 

Mil grazas a todos pola calurosa acollida recibida. 

Unha experiencia digna de repetir moitas veces.

 

Agardamos con ilusión recibilos noso colexio.

Ata pronto!!!

INTERCENTROS TEATRAL: O CEIP MONFORTE VISITA O CEE INFANTA ELENA

O grupo de teatro do CEIP Monforte comeza a semana cunha actuación no CEE Infanta Elena.

É para os nosos actores un orgullo poder visitar os centros de Monforte para representar a súa obra.

Grazas a todos!!!!

 

INTERCENTROS TEATRAL: O CEIP MONFORTE VISITA A GÁNDARA

Este martes, 30 de maio, o grupo de teatro do CEIP MONFORTE visita o CEIP A GÁNDARA, no marco dunha colaboración intercentros teatral.

Parabens ao este estupendo grupo de teatro, a Paqui e a nosa ANPA e as Familias.

Estamos orgullosos dos nosos actores e actrices.

 

INTERCENTROS TEATRAL

Onte, froito dunha colaboración intercentros a prol da dinamización da lingua, da lectura, da expresión oral... da cultura en xeral, o grupo de teatro do CEIP A GÁNDARA representou na biblioteca

 

 

 

 

 

 

Estupenda actuación.

Na vindeira semana o noso grupo de teatro representará na Gandara a súa obra.

Fermosa experiencia intercentros.

 

 

 

 

Don Pedro Gómez Álvarez asina exemplares do seu libro

Onte, en Biblioforte, tivemos a honra de recibir a don Pedro Gómez Álvarez, inspector xubilado e autor do libro O ensino na terra de lemos nos séculos XIX e XX, mapas das escolas e centros.

Durante a mañá asinou varios exemplares do seu libro,

 

 

posteriormente aceptou subir á radio para ser entrevistado por duas alumnas de 6º coa colaboración dos profesores Jaime e Cristina.

 

Agradecemos a súa dispoñibilidade e proximidade.

Grazas.

 

 

FOMOS NOTICIA: Directos ao Campionato de España, con Jon Maikel

 

Jon Maikel (4ºA), xogador do CV Korbis de Voleibol, viaxará a Valladolid a mediados de xuño para participar no Campionato de España

MOITA SORTE!!

OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE (BE)

Actualidade Bibliotecas Escolares:

 

Desde o ámbito bibliotecario recoñécese a importancia dos Obxectivos da Axenda 2030 e a contribución das bibliotecas como  espazos que ofrecen acceso e oportunidades para todos e todas. As bibliotecas escolares están comprometidas coa Axenda 2030, xa que traballan a prol dunha educación de calidade (Obxectivo 4), na protección e salvagarda do patrimonio cultural (Obxectivo 11.4) e promoven a inclusión do acceso á información e ás tecnoloxías da información e comunicación (Obxectivos 5.b, 9.c, 16.10, 17.8.

A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente) achéganos os ODS traducidos ao galego. 

Premio Nacional de Poesía: Olga Novo

Iniciamos a nosa particular Xeografía Lectora o Día das Escritoras felicitando a Olga Novo, natural da Pobra de Brollón e profesora de galego no IES A Pinguela, galardoada co Premio Nacional de Poesía 2020 pola súa obra Feliz Idade, obra que o xurado resaltou como «un relato vitalista que celebra el amor y la existencia más allá del tiempo» e definiu como «una criatura viva que relaciona la maternidad y la muerte con una profunda presencia crítica de la memoria histórica».

Parabéns 

HONENAXE A MAFALDA

Homenaje de REDH Argentina a Mafalda

"La muerte de Joaquín Salvador Lavado, alias Quino, el autor de la célebre tira Mafalda, el 30 de septiembre pasado a los 88 años, sacó a la luz gran cantidad de iniciativas y proyectos relacionados con su obra. Aquí presentamos una biblioteca virtual con los 10 libros de Mafalda editados entre 1964 y 1973 por Ediciones de la Flor. Para acceder, basta con hacer click sobre cualquiera de los volúmenes y recorrer sus páginas. Un material valioso de uno de los genios más destacados del humor gráfico mundial y verdadero orgullo de la cultura argentina y latinoamericana."

Distribuir contido


by Dr. Radut