Skip to Content

Encontros con...

ENCONTRO CON ANDREA MICC - Día do Libro 2024

Coincidindo co día do libro o alumnado de 5º ten un encontro coa escritora do libro que acaban de ler dentro do itinerario lector.

 

Foi un encontro cheo de sensibilidade, emocións e cercanía no que lectores e escritora disfrutaron compartindo a historia duns personaxes ficticios con un transfondo persoal que Andrea comparte cos lectores.

Coméntanos o proceso previo a chegada de Crónicas de Vanusum as librerías.  Comeza sendo un diario escrito nunha libreta; o proceso de publicación e o anuncio da publicación de  Vanusum II.

A natureza está moi presente na vida de Andrea e na súa creación litereraria.  Unha exposición de prantas do seu xardín e un vídeo do lugar onde de nena facía que a maxia florecese ambientan e guían este encontro.

Incentivando ao contacto coa natureza, fonte que fai espertar a máxia no noso interior

Ao remate da sesión non quedou ningunha pranta, práticamente todos quixeron levar algunha pranta e un autógrafo.

Ademáis asinounos os exemplares de Crónicas de Vanusum I 

e aceptou ser entrevistada fora de hora ,sen ningún problema.

Para finalizar asinou no libro de visitas ilustres

e fixemoslle entrega da estatuiña Biblioforte Honorífica, estatuiña realizada na impresora 3D, deseñada polo profe Richi, todo un artista xeneroso e altruista

 

Grazas Andrea por acompañarnos no Dia do Libro. 

Ata pronto!

 

 

 

ENCONTRO CON: Ana Meilán

Comezamos a semana coa visita de Ana Meilán, escritora nada en Taboada (Lugo), amante da literatura infantil, unha excelente narradora e tamén autoeditora dos seus libros "Entre nubes y cuentos".

O alumnado de infantil e 1º ciclo agardaban con ilusión o encontro coa escritora e creadora de historias que previamente estiveron lendo na hora de ler e coas que desfrutaron moito.

(este é so un exemplo: aquí podemos ver ao alumnado de 2º que aproveitou a lectrura dun libro de Ana Meilán para estar por 1ª vez na pérgola, aínda en obras)

 

O encontro organízase en tres sesións:

1ª sesión: Familiando co alumnado de infantil

 

2ª sesión: As chaves dos soños con 1º, 2º e 3º

 

3ª sesión: O que a serea esqueceu, con 5º e 6º. Obradorio de escritura.

 

(fotos pendentes)

ENCONTRO COA APICULTORA LORENA

Hoxe, 20 de decembro, a apicultora Lorena visita a nosa biblioteca.

 

Amosounos unha colmea, un cadro de mel, un afumador, alimento de reforzo para o inverno...

Tamén nos falou dos diferentes tipos de abellas, de compo protexelas e coidalas, dos seus inmigos, da súa importancia para as nosas vidas, etc.

 

E, para rematar, agasallounos cun tarriño de mel.

Grazas Lorena!!!!

 

Actividades:

 O día seguinte: 

Unha charla moi interesante.

Grazas Lorena 

ENTREVISTANDO A: AIDA MENÉNDEZ LORENZO

 

Aida Menéndez Lorenzo, presidenta da asociación Camiños de Inverno pola Ribeira Sacra e autora da “Guía del Camino de Invierno a Santiago", visitou este xoves o noso centro.

 

Foi recibida e entrevistada, no recen estreado locutorio de Radio Forte, por un grupo de alumnos de 6ºB: Lucía, Yago, Samantha e Diego.

Unha conversa moi agradable e didáctica que vos aconsellamos escoitar.

 

GRAZAS AIDA!

Grazas por acudir a nosa radio, por compartir con nos os teus coñecementos, pola túa labor dinamizadora do camiño de inverno e do noso patrimonio... e grazas polos teus agasallos 

 

ENCONTRO CON: FINA CASALDERREY

 

O mércores 24 de marzo, en Biblioforte, a biblioteca do CEIP Plur. Monforte, tivo lugar o encontro virtual do alumnado de 3º de primaria con Fina Casalderrey, recoñecida escritora e membro da Real Academia Galega.

Os encontros literarios con autores forman parte da dinamización e fomento da lectura habitual no noso centro.

As limitacións impostas pola actual situación sanitaria obrigounos a mudar o formato é optar por encontros virtuais.

Evidentemente, non é o mesmo!,  pero parécenos que facilitar a relación entre escritor e lector é unha ferramenta moi valiosa para o fomento da lectura.

Que o alumnado que está lendo un libro poida escoitar, preguntar e conversar, neste caso, coa autora do libro; resulta motivador e cércano, o que sen dubida potencia o hábito lector e a aprendizaxe de multitude de habilidades.

 Durante o segundo  trimestre, o alumando de 3º, estivo lendo “O misterio dos fillos de Lúa” .

Unha vez rematada a lectura debuxaron e describiron os principais personaxes da obra, debuxos cos que recibiron a autora.

Durante o encontro aproveitaron para facerlle un montón de preguntas acerca do libro e tamén preguntas relacionadas coa súa faceta literaria.

Unha fermosa experiencia! 

Vaia o noso agradecemento a Fina e Sonia por escoitar as nosas peticións.

 

 

 

ENCONTRO CON ESPERANZA ÁLVAREZ RODRÍGUEZ

 

Un ano máis, como ven sendo habitual, conmemoramos o Día da Muller e da Nena na Ciencia coa finalidade de espertar vocacións científicas entre as máis pequenas, por en valor o traballo das mulleres de ciencia e fomentar a igualdade de xénero e o  empoderamento das mulleres e as nenas.

 Razón pola que propiciamos o coñecemento de mulleres científicas para que sexan imaxe e referencia para nenos e nenas, pero sobre todo, para as nenas.

 

Hoxe, tivemos a sorte de ter con nos, na nosa biblioteca, a unha importante científica que naceu moi preto de Monforte, nunha aldea de Chantada, Esperanza Álvarez Rodríguez, unha científica que traballa e investiga para facer que o noso mundo sexa un lugar mellor para vivir.

 Unha científica que respondeu as múltiples preguntas do alumnado de 4ºA, interesado en saber cando e por que decidiu ser científica, onde estudou, onde traballa, en que consiste o seu traballo, con que descubrimento está máis contenta, a quen beneficia o seu traballo, etc.

 

Tras esta entrevista descubrimos que é unha científica a que lle apaixona o seu traballo, que é a xefa dun equipo interesado en loitar contra a destrución dos solos, o rápido que se destrúe o solo e o lenta que é a súa recuperación, a importancia da economía circular, a importancia de transformar problemas (residuos, refugallo...) en alternativas viables para a conservación do planeta, o significado da palabra edafoloxía, etc.

 

Vaia o noso agradecemento a esta importante científica solidaria e comprometida na loita, desde a ciencia, por un mundo mellor. GRAZAS!

En breve subiremos o abecedario realizado sobre mulleres científicas. Abecedario no que figura Esperanza Álvarez Rodríguez na letra E .

 

 

Anxo Moure, o barqueiro do Miño

Hoxe día de San Brais, por xentileza da Confederación Hidrográfica, tivemos a sorte de ter entre nos ao contacontos e barqueiro do Miño, Anxo Moure.

Coma sempre unhas sesións de contos moi lúdicas e didácticas centradas nesta ocasión en divulgar a conca do MiñoSil e o coidado dos ríos, ademais de subliñar a importancia da auga e o coidado da natureza en xeral.

 

 Acompañado de dúas  barcas típicas do Miño, a Barca de Pousa e o Batuxo, levounos a coñecer os diferentes lugares da conca do MiñoSil e do Cabe, os peixes de río, as  Xacias,... e ata o "berro" que a modo de saúdo, sobre todo en tempo de vendima, escoitabase dicir entre os habitantes dun e outro lado do Miño,  sobre todo na zona de Belesar.

- “Ei rabudos!” (berro dos de Chantada)  //  -“Ei papeiros!” (berro dos de o Saviñao)

E xa para rematar, dúas alumnas de 6º, Lucía e Nadia, fanlle unha entrevista que podedes escoitar en RadioForte

 

Grazas a Anxo e a Confederación Hidrográfica que fixeron posible esta importante xornada lúdico-formativa.

Distribuir contido


by Dr. Radut