Skip to Content

BiblioSolidaria

ENCONTRO INTERXENERACIONAL: 6 PERSOAS DO HOGAR SAN JOSÉ E ALUMNADO DE INFANTIL E PRIMARIA

 

ENCONTRO INTERXENERACIONAL - 24 de abril (SEMANA DO LIBRO)

  Un dos momentos máis emotivos e familiares do programa de actividades do Día do Libro, foi o encontro do noso alumnado con 6 persoas do Hogar San José.

 Nun primeiro momento reuníronse co alumnado de primaria durante o recreo ao que lle recitaron un poema de Rosalía de Castro sobre a emigración, temática próxima a todos eles, dado que todos foron emigrantes. Compartiron con nos algúns momentos vividos como emigrantes lonxe de Galicia.

Ademais, un deles, mostrounos a súa capacidade artística aos 90 anos, tanto para pintar como para debuxar. Debuxos moi valorados polo alumnado.

 Encantáronlles!!!

Posteriormente, na Hora de Ler, tivo lugar o encontro co alumnado de infantil na pérgola.

 

Nesta ocasión cada un deles amosou o seu hobby, entre outros, puidemos ver bailar un bastón,

contemplar uns fermosos debuxos,

aprender os pasos a seguir para sementar na horta, ...

e gozar dun canto tradicional.

Tamén cantamos conxuntamente a Saía da Carolina.

 

E xa para rematar o alumnado de infantil despediunos cantando a canción de O Moucho de Rosalía de Castro.

En breve o alumnado de infantil devolveremos a visita para compartir a merenda cos nosos amigos do Hogar San José no seu xardín, no momento de plantación da horta.

Grazas pola visita!

Ata pronto!!!

 

 

 

 

COMPARTINDO SABERES: Instalación de Hoteis de Insectos

Aproveitando a formación do noso alumnado de 4º, 5º e 6º recibida o 22 de marzo, na saída ao viveiro de Bóveda, “Os Trollos”, co gaio do día da árbore, onte martes, na hora de ler, tivo lugar unha actividade na que estaba invitado a participar todo o alumnado consistente na instalación dos hoteis de insectos elaborados nesta saída e dous elaborados polas familias no mes de decembro para o Belén.   Esta actividade está enmarcada no proxecto lector de centro, desde o que Voz Natura e Biblioforte queremos fomentar o coidado do medio ambiente, nesta ocasión, pondo en valor a importancia dos insectos e a súa protección, sin eles non hai vida. Desde a biblioteca ademais, buscamos fomentar o voluntariado, facilitando e incentivando compartir saberes, de aí que a instalación destes hoteis de insectos no patio organizouse en pequenos grupos nos que os asistentes á “Os Trollos” comparten información co resto do alumnado:

  • 6º A con Infantil - Hoteis familias

 

 

  • 6ºB con 1ºB

  • 5º con 2º - no horto

  

 

  • 4ºA con 3ºA

 

 

  • 4ºB con 3ºB

Nesta ocasión, aproveitando que a titora de 4ºB, Cristina, é a coordinadora de Radio Forte, utilizamos a pérgola e o equipo portátil de radio para conxuntamente realizar un programa de radio en directo a vez co alumnado de 4ºB informa ao alumnado de 3ºB sobre a construcción dun hotel de insectos e a súa funcionalidade.

Un programa no que participaron diferentes locutores e o público podía facer preguntas e comentarios. 

 

Pódes escoitar aquí o programa:

 

Grazas a todo o alumnado e profesorado participante, por colaborar nesta actividade de concienciación co medio ambiente e de colaboración solidaria de compartir cos mais pequenos os nosos coñecementos.

Parabéns!!!

COMPARTINDO SABERES: Deseño Gráfico - Homenaxe a Akira Toriyama

Exposición: Ilustracións de Dragón Ball por Carlos e Óscar 

 Carlos M.L. (3ºA) e Oscar M.L. (5ºB) comparten con todos nós unha colección de ilustracións de Dragón Ball coas que aproveitamos para homenaxear e lembrar a Akira Toriyama (5 de abril de 1955, Nagoya - 1 de marzo de 2024, Tokio), recentemente falecido aos 68 anos.

Akira Toriyama, creador de Dragon Ball, un dos cómics xaponeses máis influentes e de maior circulación de todos os tempos. Dragon Ball é moi popular en todo o mundo e a serie de cómics tamén xerou versións animadas para televisión e películas.

A serie de estampas Dragon Ball abriuse en 1984. Segue as aventuras dun neno chamado Son Goku na súa procura de esferas máxicas que poidan defender a Terra dos humanoides alieníxenas coñecidos como Saiyans.

Parabéns aos nosos ilustradores por esta labor altruísta que está recibindo unha excelente acollida e valoración.

Grazas!

 

VOLUNTARIADO LECTOR: CONTADAS DO MES DE FEBREIRO

  • Mércores 28 de febreiro: voluntariado de 5º conta contos na biblioteca ao alumnado de Infantil.

 

  • Venres 16 de febreiro: voluntariado de 6º conta ao alumnado do 1º ciclo na hora de ler:

 

 

 

 

 

  • O mércores 7 de febreiro o alumnado de infantil asistiu a biblioteca a súa tradicional sesión de contos realizada polo alumnado voluntario de 5º.

Nesta ocasión as encargadas da lectura foron Paula e Naiara

 

 

 

Os contos fixeronse un pouco longos, un erro pola miña parte na elección dos mesmos. 

Algo a ter presente nas próximas seleccións.

 

Xornada de Bibliotecas Escolares 2023-24

 Onte, 18 de novembro, no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, celebrouse a Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia 2023 na que nos xuntamos 800 persoas dos equipos de biblioteca e docentes xunto a  asesores/as dos centros de formación do profesorado e persoas expertas na temática deste curso "Unha biblioteca escolar en viñetas"

 Unha xuntaza inaugurada pola Sra. Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Dona Judith Fernández Novoa, na que se falou do poder da banda deseñada como soporte para diferentes relatos, da ilustración como linguaxe poderosa... e do papel facilitador da biblioteca a través das novas linguaxes e espazos, dos proxectos, do voluntariado, do fomento da lectura, da participación das familias...

 

Nesta ocasión a Asesoría de Bibliotecas Escolares contou por segunda vez co noso centro para compartir a nosa experiencia no eido da "Lectura e Voluntariado", onde participamaos coa presentación "Acompañamento e voluntariado fan todo moi doado"

 Presentación que podedes ver aquí:

 

 

Con esta presentación amosamos un dos piares da nosa biblioteca, o voluntariado, voluntariado do alumnado de 5º e 6º (Bibliocolaboradores) e de toda unha comunidade educativa, que ao longo dos anos, ben aportando o mellor de sí facendo posible que a nosa biblioteca sexa mais acolledora, inclusiva, solidaria e funcional.

     Persoalmente, como responsable do Equipo de Biblioteca do cole, quero dar as grazas a todos os que nos apoiades no traballo diario: ao alumnado, ás familias, ao persoal non docente (conserxe, cociñeiras, limpiadoras, coidadoras ...), o colectivo Lemos Le e por su posto a todo o profesorado e moi especialmente ao que forman ou formou parte do Equipo de Biblioteca. So coa colaboración de todos podemos ser una Biblio Forte. Grazas!

Grazas tamén á Asesoría de Bibliotecas por contar con nós e pola súa colaboración.

Parabéns a todos/as!

 

 

MOCHILAS VIAXEIRAS 23-24

 

 Pechando as actividades de conmemoración do día da Biblioteca, o venres día 27, saíron as Mochilas Viaxeiras.

Como todos os anos o alumnado agarda con ilusión a súa saída. Trátase dun programa impulsado por Bibliotecas Escolares moi afincado e valorado no noso centro, tanto pola súa aportación ao fomento da lectura como pola implicación de toda a comunidade educativa, o fomento da solidariedade e desfrute e coidado dos bens comunitarios.

O equipo de biblioteca agradece a boa acollida deste programa e a implicación de toda a comunidade educativa que dun xeito ou outro participa nas distintas fases do programa:

  • preparación, organización e seguimento do programa (mochilas viaxeiras) -> equipo biblioteca.
  • entrega de mochilas e colaboración -> bibliocolaboradores.
  • organización semanal na aula -> profesorado titorías.
  • utilización do material e participación no caderno de vitácora -> familias.

Sen máis dilación así foi o pistoletazo de saída das mochilas viaxeiras 2023-24 na hora de ler coa colaboración dos nosos Bibliocolaboradores:

- Entrega de mochilas

 

 

- Colaboración e acompañamento na saída:

 

Como todos os anos estamos orgullosos do noso gran equipo de bibliocolaboradores.

Desexamos que o material das mochilas sexa do voso agrado.

Este ano renovamos todo o material das mochilas con libros de recente incorporación ao catálogo da biblioteca. Tívose en conta o alumnado ao que van dirixidas e o tempo de que dispoñen (1 semana).

Co afán de seguir mellorando agradecemos as suxestións que nos queirades achegar.

Moitas grazas a todos!

 

O equipo de biblioteca.



ADOPTA UN LIBRO

 

O mércores 25 de maio tivo lugar a 1ª Campaña Solidaria deste curso realizada cos libros do expurgo da biblioteca.

 

ADOPTA UN LIBRO

 

 

 

En tan só 2 días todos estes libros foron adoptados

 

 

 

Felices pola excelente acollida.

 

 

En breve, a biblioteca ofertará un novo lote de libros para adoptar e así prolongar a súa vida, unha nova oportunidade de acompañar outras mans amigas nas que espertar novas ilusións.

 

 

Boa Lectura!!!

 

 

 

 

 

BIBLIO PATIO: Apadriñamento Lector no Parque de Infantil

Coa chegada da primavera e o bo tempo comezamos o ¡ Apadriñamento lector realizado polo alumnado voluntario de 5º e 6º no parque de infantil.

Unha actividade moi valorada polas partes implicadas. Tan pronto chega o bo tempo xa nos piden reiniciar o apadriñamento e sacar os libros ao patio.

 

 

 

 

 

MOITAS GRAZAS AO NOSO VOLUNTARIADO

 

XENIAL!!!!

 

 

OBRADOIRO DE "GANCHILLO"

 

 

Os coñecementos do noso alumnado son moi amplos e variados.

Nesta ocasión, Amaia e Julia de 4ºB comparten con nos as súas destrezas na tradicional arte do "ganchillo", arte na que están sendo iniciadas polas súas aboas.

 

O alumnado asistente valorou moi positivamente esta actividade.

 

Excelente colaboración

 

Grazas!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut