Skip to Content

MOCHILAS VIAXEIRAS 23-24

 

 Pechando as actividades de conmemoración do día da Biblioteca, o venres día 27, saíron as Mochilas Viaxeiras.

Como todos os anos o alumnado agarda con ilusión a súa saída. Trátase dun programa impulsado por Bibliotecas Escolares moi afincado e valorado no noso centro, tanto pola súa aportación ao fomento da lectura como pola implicación de toda a comunidade educativa, o fomento da solidariedade e desfrute e coidado dos bens comunitarios.

O equipo de biblioteca agradece a boa acollida deste programa e a implicación de toda a comunidade educativa que dun xeito ou outro participa nas distintas fases do programa:

  • preparación, organización e seguimento do programa (mochilas viaxeiras) -> equipo biblioteca.
  • entrega de mochilas e colaboración -> bibliocolaboradores.
  • organización semanal na aula -> profesorado titorías.
  • utilización do material e participación no caderno de vitácora -> familias.

Sen máis dilación así foi o pistoletazo de saída das mochilas viaxeiras 2023-24 na hora de ler coa colaboración dos nosos Bibliocolaboradores:

- Entrega de mochilas

 

 

- Colaboración e acompañamento na saída:

 

Como todos os anos estamos orgullosos do noso gran equipo de bibliocolaboradores.

Desexamos que o material das mochilas sexa do voso agrado.

Este ano renovamos todo o material das mochilas con libros de recente incorporación ao catálogo da biblioteca. Tívose en conta o alumnado ao que van dirixidas e o tempo de que dispoñen (1 semana).

Co afán de seguir mellorando agradecemos as suxestións que nos queirades achegar.

Moitas grazas a todos!

 

O equipo de biblioteca.





blog | by Dr. Radut