Skip to Content

ANDAINAS POLO CAMIÑO DE INVERNO

 

Aproveitando que por esta cidade pasa o Camiño de Inverno, que mellor cologón para o Proxecto: "Xacobeo - Camiño de Santiago" que percorrer  algún tramo do camiño situado no concello de Monforte.

Con ilusión, sen importar que estaba previsto que chovera, todos os cursos saíron facer a súa andaina: 

  • O alumnado de percorreu o tramo desde Reigada ao centro da cidade,

 

  • O alumnado de subiron ata San Vicente:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  • O alumnado de fixo un percorrido urbano:

 

 

 

  • O alumnado de, seguindo a ruta do Camiño de Inverno sinalizada na cidade, sube ata San Vicente e logo baixa ata a rotonda do Peregrino, situada en A Vide.

 

    • Saímos do colexio dirección Noreste 

    • Cruzamos o Río Cabe 

 

    • Xusto ao cruzar a ponte atopamos unha cuncha de vieira que nos indica a dirección a seguir. Temos que desviarnos porque está cortada.  

    • Continuamos pola Rúa Doutor Casares e Rúa da Costa. Desde esta última entramos no Parque dos Loureiros. Subimos polo sendeiro ata chegar a San Vicente.

  • En San Vicente obserbamos a Torre da Homenaxe e as fermosas vistas da cidade.

  • Descansamos nas escaleiras do Parador e observamos e analizamos a súa fachada.

    • Na Praza de Luís de Gongora, observamos e analizamos o escudo do Pazo dos Condes 

    • Baixamos ata a Praza de España e analizamos o seu cruceiro.

 

    • Continuamos pola Rúa do Comercio, facendo unha parada explicativa sobre a Oficina de Información e o Museo do Viño e Sede do Consello Regulador da Ribeira Sacra.

    • Desvíamonos a ver a Casa máis estreita de Galicia (1,5 m de ancho e 20 m de profundidade) sitúada perto do Museo Lodeiro.

    • Continuamos pola ponte medieval. 

    • Ao final da ponte atopamos un Cruceiro e o Convento das Clarisas, edificio no que se atopa o Museo de Arte Sacro.

    • Tras un breve descanso explicativo diriximonos a Praza de San Antonio. Onde está o Concello e no centro un Cruceiro de base octogonal muy antigo.

    • Xa toca repoñer forzas. Merendamos gardando a distancia de seguridade.

    • Despois da merenda diriximonos a A Vide para intentar a última pregunta do noso formulario sobre que simbolos xacobeos se poden ver na estatúa do peregrino que está na rotonda. Aquí finaliza o noso percorrido polo Camiño de Inverno. Camiño que como indica o peregrino continúa por A Vide.

    • De regreso ao cole facemos outra paradiña para beber e descansar. 

 

 

  • Xa no colexio recollemos os formularios das preguntas coas respostas, un por grupo. A última pregunta, referida as distancias, deberemos volver comprobar pois non había acordo entre os grupos.

 

E para rematar aquí tedes duas imaxes informativas con algunha pregunta por si queredes recordar e fixar información.

 

 

 .........................................................

 

 Unhas andainas moi pracenteiras e didácticas para apreciar o entorno e gozar dunha xornada festiva na compaña dos compañeiros de clase e dos profesores.

 

Bo Camiño!

 



blog | by Dr. Radut