Skip to Content

OBRADOIRO DE LECTURA E FAMILIAS CON SONIA HERMIDA

 

 

O día 9 de marzo, pola tarde, dentro do proxecto Lectura e Familias, Sonia Hermida imparte un obradoiro de animación a lectura en familia.

 

Dun xeito práctico transmite técnicas para fomentar a competencia matemática dos nenos a través de actividades moi sinxelas e a presentación dunha ampla selección de libros para todas as idades, libros moi atractivos que despertaron o interese de todos os asistentes, adultos e pequenos..

 

 

 


 

 

En breve incorporaremos algúns destes libros ao noso catálogo.

 

Un obradoiro moi interesante

 

Grazas a todos pola vosa ilusión e colaboración.

 

 



blog | by Dr. Radut