Skip to Content

DÍA DA POESÍA E DA ÁRBORE 2023

 

PRIMAVERA DE POETAS

    Un ano máis contamos coa colaboración do noso profe-poeta LUÍS AHIJADO GÓMEZ quen, na semana previa a celebración do día da poesía, realizou na biblioteca, durante a hora de ler, un obradoiro de poesía co alumnado de 5ºde primaria.

    Nesta ocasión trabállase a creación de tercetos coa temática da árbore.

 

 

   Realizadas as correccións necesarias, toca escribir os tercetos en forma de caligrama nas árbores.

 

   Organizándose para pegar as árbores cos poemas no corredor da biblioteca.

 

 

O resultado é espectacular, una verdadeira Primavera de Poetas, rexurde nas árbores con caligramas que decoran o corredor xunto a biblioteca, xunto a un poema do profe Luís, escrito para esta ocasión.

 

Ademais das creación literaria e artística os nosos poetas acompañaron ,lendo os seus poemas ,ao alumnado de 6º na tradicional plantación dunha ou varias árbores no DÍA DA ÁRBORE.

 

 

Como remate a ilustradora Julia, de 6º, le o poema do profe Luis.

 

 

Desexamos que este acto conxunto de poesía e plantación de árbores sexa o comezo de grandes poetas e persoas comprometidas coa natureza.

 

Agradecemos ao alumnado de 6º e ao equipo de Voz Natura a súa invitación. Fermoso momento!

 

 

 

 



blog | by Dr. Radut