Skip to Content

ENCONTRO CON: María Canosa, A cazadora de estrelas

 

Durante o mes de abril o alumnado de 5º de primaria le o libro de María Canosa, A cazadora de estrelas.
Lectura conxunta, en voz alta, realizada na Hora de Ler. Práctica habitual no día a dia do noso centro, que merece unha mención especial porque nesta ocasión, grazas á implicación dos seus titores (Tomás, impulsor da proposta, e Luís e Lara, colaboradores e executores, dada a baixa do noso compañeiro Tomas) acollemos na biblioteca unha lectura conxunta realizada en dous grupos do mesmo nivel, na que os lectores son as FAMILIAS do alumnado.
 
Fermosa practica de animación lectora familiar:
 
  • 14 de abril: nai de Xiana

  • 19 de abril: nai de Anxela

 
  • 21 de abril: nai de Antón
 
 

  • 24 de abril: nai de Martín
  • 26 abril: nai de Pablo
 
 
  • 2 maio: nai de Lucas
 
 

Moitas GRAZAS familias!!!

A vosa implicación e colaboración é un dos piares fundamentais sobre os que se asenta o Proxecto Lector de Centro.

 

 

 
Ademais da lectura traballouse a ilustración, parte fundamental tamén dun libro.
Este foi o resultado
 
 
Tras tan meritorio traballo, o 15 de maio, recibimos a María Canosa, con moita ilusión na nosa biblioteca.

e ao remate deste  encontro, agardado con tanta ilusión, María Canosa asinou, un a un, todos os nosos libros.

 

Grazas María por visitarnos e valorar tan positivamente as nosas particulares ilustracións da Cazadora de estrelas.

Agardamos con ilusión a publicación de novos libros teus.

Ata a próxima!!!

 

 

 

 



blog | by Dr. Radut