Skip to Content

DÍA DA BIBLIOTECA: 24 outubro 2023

 Como todos os anos sumamonos a celebración do Día Internacional das Bibliotecas, un espazo incluínte, solidario e máxico que fomenta a aprendizaxe, invita aos nenos a degustar e gozar da lectura, estimulando a súa capacidade de asombro e fantasía, a súa necesidade de aprender, crear, experimentar ...

Biblioforte alongou esta celebración durante toda a semana a través de diferentes actividades:

  • Martes 24: entrega de marcapáxinas elaborados dende o Colectivo Lemos Le expresamente para esta data.

 

  • Martes 24: exposición de Novidades "Sentada lectora", no escenario.

 

  • Martes 24: martes científico. Oscar de 5º amosa o efecto salmoira nun ovo. O aumneto da densidad

da auga ao engadir sal fai que o ovo flote.

 

 

 

  • Mes de outubro: exposición de novidades na biblioteca e nas proximidades.

 

 

 

 

  • Venres 27: Os venres... un conto, con Candela, presidenta da ANPA e nai de Antón.

 

  • Venres 27: Exposición de contos de medo na sala de infantil. Contos que se lerán durante estes días.

  • Venres 27: saída das mochilas viaxeiras

O alumnado bibliocolaborador fai entrega das mochilas viaxeiras durante a hora de ler no recreo.

Unha semana moi activa e chea de ilusións.

 

 



blog | by Dr. Radut