Skip to Content

Exposición de Cogomelos e Plantas - 5º de Primaria

 O pasado 21 de novembro o alumnado de 5º primaria participou nunha xornada micolóxica formativa, organizada polas súas titoras, Aurelia e Silvia, coa presenza de Carlos, de Os Lactauros, un experto coñecedor de cogomelos.

Despois dunha charla informativa na biblioteca saen a buscar cogomelos nunha zona próxima ao colexio.

Durante a saída guiada, á que tiven a sorte de asistir, recibimos información sobre os cogomelos que fomos atopando, afianzando a información previamente recibida na biblioteca. Información contrastada e arroupada polo espírito protector dun amante da natureza, que transmite in sito, co seu exemplo, como favorecer a reprodución (tipo de contedor para recoller os cogomelos - con furados), como loitar contra a contaminación (contedor no que recoller restos contaminantes -plásticos, botellas...), como coller mostras das árbores (sen grandes estragos)... en definitiva, un comportamento cívico co noso entorno.

Unha saída guíada moi interesante na que ademais de cogomelos coñecemos o nome de moitas plantas e aprendemos a recoñecelas polas súas follas, a cor do tronco, etc.

De regreso ao centro, o alumnado, coa supervisión de Carlos e a colaboración da biblioteca, escribe unha tarxeta identificativa dos cogomelos atopados e tamén dalgunhas das plantas que vimos durante a ruta.

 

A biblioteca acolle con orgullo esta exposición informativa aberta a toda a comunidade educativa.

Grazas!

Parabéns!!!!

 



blog | by Dr. Radut