Skip to Content

Feito por nos

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE (7 abril 2021)

A Organización das Nacións Unidas (ONU) considerou necesario crear un organismo que se dedicase a promocionar o coidado da saúde en todo o mundo. O 7 de abril de 1948 nacía a Organización Mundial da Saúde, polo que se fixou este día para celebrar o Día Mundial da Saúde.

Día que nos convida a lembrar a importancia dos hábitos saudables.

Este ano, desde a biblioteca, en consonancia co proxecto das froitas e hortalizas, optamos por lembrar a importancia dunha alimentación saudable. Por iso propuxemos as familias que nos enviasen receitas con froitas e verduras para elaborar un libro de receitas saudables.

Grazas a súa excelente colaboración, aquí tedes o resultado (fai clic na imaxe para abrir o pdf:

 

 

 

A Organización Mundial da Saúde recordanos que unha forma moi importante de coidar o noso corpo é a través da alimentación. Desde a súa aparición propúxonos diferentes métodos para elaborar unha dieta saudable. Comezóu coa Piramide Nutricional, a Roda dos alimentos e na actualidade, proponos ter enconta o método do Prato Saudable.

  •  Piramide Nutricional

  •  Roda dos alimentos 

  •  Prato de Harvard 

 

Seguindo as recomendacións da Organización Mundial da Saúde, hoxe día 7 de abril, poedemos pintar o noso prato saudable preferido (fai clic na imaxe para abrir o pdf).

 

 

 FELIZ DÍA!

 

DÍA DA POESÍA: Poema encadeado

 

O Día Mundial da Poesía celébrase o 21 de marzo dende que a UNESCO proclamou esta data en 1999. Os obxectivos son fomentar o retorno á tradición oral e aos recitais, así como promover o ensino da poesía e a diversidade lingüística a través da expresión poética.

Este curso decidimos escribir, ilustrar e recitar entre todos un poema encadeado

Comeza a cadea o 1 de marzo en 3 anos e vai avanzando ordenadamente ata chegar a 6ºB o venres día 19.

Ao coincidir en domingo trasladase ao luns a lectura de todo o poema, polo alumnado de 5º, e a presentación do vídeo, elaborado co texto e a audición aportados por todos os grupos.

 

Este foi o resultado

 

Parabéns a todos polo excelente trabalo realizado

 

LEO ETIQUETAS

 

Caderno de comprensión lectora centrado na lectura de etiquetas alimentarias.

 

Para abrir fai clic na imaxe

 

O NOSO LIBRO DAS FROITAS E HORTALIZAS

Hoxe presentámosvos O Noso Libro das Froitas e Hortalizas, un fermoso traballo de investigación, no que participou todo o alumnado do centro e que amosa o bo facer do noso alumnado e a implicación de todo o profesorado.

Cada aula ocupouse de investigar sobre unha froita e hortaliza e cubrir a correspondente ficha informativa. A este traballo colectivo temos que engadir a investigación individual do alumnado de 5ºB, o que nos permitiu realizar un libro, con un total de 38 fichas informativas, colocadas por orde alfabético e organizadas en dous bloques, 1º as froitas e 2º as hortalizas.

(fai clic na imaxe para lelo) 

Ademais, ao final do libro, unha homenaxe a nosa lingua materna a través de ditos e xiros idiomáticos sobre froitas e hortalizas.

Sentímonos moi orgullosas de presentar este libro.

 

Moitas grazas pola vosa implicación.

O equipo de biblioteca

ABECEDARIO DE: Mulleres Científicas Galegas

 

Con motivo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia elaborouse un abecedario de mulleres científicas galegas para traballar na aula.

 

 

(NOTA: podes moverte polo documento empregando o índice e /o facendo clic na imaxe das nosas científicas)

A través desta mini biografía o alumnado podía coñecer algunhas das máis importantes mulleres científicas galegas.

O alumnado de 4º traballou sobre esta minibiografía e este foi o resultado (fai clic na imaxe)

 

por último unha mención especial as dúas científicas que esta semana, visitaron virtualmente o  noso centro.

O noso agradecemento e felicitación polo seu traballo.

 

 

2021 Ano Internacional das Froitas e Hortalizas

Biblioforte quere desexar a toda a comunidade educativa un 

Ano Internacional das Froitas e Hortalizas, tema do noso proxecto. 

Moita Saúde e Moitas Lecturas.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut