Skip to Content

Ciencias

PATIOS VIVOS: COÑECENDO E COIDANDO O NOSO ENTORNO NATURAL

 

O penúltimo día de clase o alumnado de baixa á biblioteca coa ilusión de coñecer o novo material comprado sobre os insectos.

 

 

Tiveron ocasión de ver o ciclo de vida dunha formiga, dunha xoaniña e dunha abella,

 

asistir a impresión dunha formiga na impresora 3D,

coñecer diferentes tipos de hoteis de insectos

e posteriormente saír ao patio

 

a colocar dous hoteis de insectos, dous hoteis elaborados en material reciclado por nos mesmos.

 

 

Con estes dous hoteis  agardamos poidan ter aquí un fogar agarimoso e así contribuír ao coidado da natureza.

 

 

 

 

Vémonos en setembro!!!!

 

 

 

MARTES CIENTÍFICOS: plastilina con olor a violetas

Un martes máis o alumnado de 1ºA e a súa titora Ana presentan un novo experimento.

 

Nesta ocasión o proceso de realización que se incorpora ao noso libro "Somos científicos" está escrito en inglés.

 

MARTES CIENTÍFICOS: Un Volcan

No mes de abril o alumnado de 1º A e a súa profe Ana, comparten na biblioteca un novo experimento.

Esta vez trátase dun volcán.

GRAZAS POR COMPARTIR

Grazas tamén aos nosos Colaboradores, sempre dispostos. 

E grazas a nosa Auxiliar de Conversa que colaborou traducindo ao inglés os materiais e o proceso de realización deste experimento, así como respostando ás dudas dos asistentes.

 

Como sabedes todos estes experimentos que se realizan na biblioteca vánse incorporando ao Libro Nós Somos Científicos, ubicado na biblioteca para ser consultado cando se queira.

 

Parabéns, un fermosa experiencia de solidaridade múltiple.

XENIAL!!!

 

 

14 de MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MATEMÁTICA

DÍA INTERNACIONAL DE LAS MATEMÁTICAS

HISTORIA DE LOS NÚMEROS

UN LIBRO

LA MOSCA FOSCA

SIETE RATONES CIEGOS

EL PATO DONALD EN EL PAÍS DE LAS MATEMÁTICAS

CUENTOS MATEMÁTICOS LA RETA Y EL PUNTO

POESÍA LAS MATEMÁTICAS

 

 

CIENCIA NA BIBLIOTECA: Lámpada de Burbullas

 

 O martes día 28 o alumnado de 1ºA e a súa titora Ana durante o recreo compartiron con todos os asistentes un novo experimento, a Lámpada de burbullas.

 

 

 Awa e Manar presentando o experimento.

Os asistentes ademáis de presenciar paso a paso o proceso e aclarar dúbidas tamén recibiron unha tarxeta explicativa cos pasos a seguir ,o que facilita a posterior experimentación no fogar e familiarización coa lectura de textos instructivos.

Posteriormente  Manar e Javier foron entrevistados en RadioForte por Miguel de 2ºB para contar a todos os ointes este experimento.

 

 

 

Agardamos con ilusión un novo experimento.

 

GRAZAS A TODOS POR COMPARTIR !

 

 

 

 

11 Febreiro: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 

ALGUNHAS MULLERES CIENTÍFICAS:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

... II Edición Chicas con Cienci@ULL

Capítulo 1. Fátima Acosta – Escultora

Capítulo 2. Gara Miranda - Ingeniera Informática

Capítulo 3. Marta Domínguez - Arquitecta Técnica

Capítulo 4. Susana Guerra – Artista Visual

Capítulo 5. Inés Ruiz - Economista

Capítulo 6. Cintia Hernández – Ambientóloga e Ingeniera Civil

Capítulo 7. Alicia Correa - Economista

Capítulo 8. Belinda Rivero – Bióloga

Capítulo 9. Rosa Fregel - Genetista

 

 

CIENCIA NA BIBLIOTECA

ÍNDICE:

 
     

CIENCIA NA BIBLIOTECA: Pasta de sal.

 

No recreo tamén experimentamos e escribimos ciencia.

Ana, titora de 1ºA, elabora a estrutura deste libro, no que se irán recollendo os diferentes experimentos presentados durante a actividade dinamizadora de Os martes científicos.

Nos somos científicos,

 podemos: ver, tocar, experimentar...,

O alumnado de 1ºA, coordinado pola súa titora, Ana, o 31 de xaneiro presentan este libro e  escribe a súa primeira páxina:

Pasta de Sal.

 

Unha receita compartida na súa elaboración paso a paso co alumnado existente.

E para os que non asististes a presentación en directo deste libro e receita, podedes acudir a biblioteca a velo e lelo e/ou escoitar en RadioForte a Alba e Anouar, entrevistados por Inés.

Excelente traballo.

 

Grazas!!!!

 

 

 

 

CIENCIA NA BIBLIOTECA: Slime caseiro

 

Ainoa de 6ºA, acompañada dos seus compañeiros de aula e a súa titora Cristina,

amosa, paso a paso,a elaboración dun Slime (limo) caseiro.

 

 

Unha actividade realizada para conmemorar o mes da ciencia na biblioteca.

 

 Excelente traballo.

 

Grazas!!!!!!

 

 

 

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

   Desde a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO, de José Tubío, profesor, investigador principal e divulgador na USC. Desde 2016 dirixe eogrupo de investigación Xenomas e enfermidade do CiMUS. En maio de 2022 recibíu o Premio Internacional de Investigación Oncológica Científica y Técnica Ramiro Carregal na modalidade de talentos emerxentes pola "súa contribución en varios dos descubrimentos máis importantes no campo da xenómica do cancro". 

   O manifesto para este ano 2022, baixo o título "O deber de coñecer e transmitir a nosa historia científica" abrirá moitas rutas de traballo e investigación coas que poder berrar "Terra á vista" desde as nosas bibliotecas escolares.

   Biblioforte, retoma unha actividade moi querida e valorada polo noso alumnado: a realización e exposición de experimentos durante o mes de novembro e os "Martes científicos". Ademais este curso incorporamos a elaboración dun Libro Viaxeiro de Experimentos onde o alumnado e as familias poderán participar escribindo unha das súas páxinas durante os mes de novembro e decembro.

   Tamén fomentamos  á lectura e investigación científica ampliando e actulizando o noso catálogo no eido científico.

   Animémonos a poñer o noso gran de area ao berro de "Terra á vista".

 

 

  

 

Distribuir contido


by Dr. Radut