Saltar navegación.
Inicio

blogue deMJVILLAVERDE

CLUB DE LECTURA: A BRUXIÑA DA SORTE - CONCHA BLANCO

   No Club de Lectura do alumnado de 4ºA analizan a lectura de "A bruxiña da sorte" de Concha Blanco, que leron ao longo do primeiro trimestre:

 

COLLAGE DE INVERNO: HERVÉ TULLET

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do noso mural de inverno,inspirado no artista Hervé Tullet, que decora a entrada do noso centro.Foi elaborado polo alumnado de 3º ciclo en colaboración cos membros do Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares:

PANXOLIÑA DE NADAL DO CEIP SAN VICENZO :NOITE DE NADAL!

Dende o CEIP Plurilingüe San Vicenzo desexámosvos unhas FELICES FESTAS coa nosa panxoliña de Nadal, elaborada coa colaboración principal de Adrián Pombo, mestre de música, o profesorado do equipo de Dinamización da Lingua Galega e, por suposto, todo o alumnado do centro como artistas principais.

Esperamos que vos guste!

 

 

 

CONMEMORAMOS O 25 N : DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Para conmemorar o 25 de Novembro:  "Día Internacional Contra a Violencia de Xénero" traballamos mensaxes reivindicativas analizando o seu significado. Cada unha das 14 clases deste curso 2023/2024 plasmou a súa mensaxe nunha lousa de pizarra que, en colaboración co Concello, van ser colocadas nas 14 parroquias de Vimianzo.

Agradecemos a colaboración do Concello na achega das lousas e pola implicación na actividade.

Aquí tedes unha mostra do resultado do noso traballo:

    

VISITA AO MUÍÑO DE "TRAS DO MUÍÑO" E PASEO POLO RÍO DA VILA

O alumnado de infantil gozou dunha mañá de paseo para ver o mecanismo e funcionamento do muíño de "Tras do Muíño" .Despois fixeron unha camiñata pola beira do río que percorre a vila observando os elementos da paisaxe que o rodean.

LECTURAS NO MES DE NOVEMBRO

No mes de novembro seguimos coas lecturas a cargo dos nosos e nosas contacontos. 

Todos e todas gozamos das súas lecturas!!! 

  

 

SAMAÍN E MAGOSTO 2023

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do ben que o pasamos este ano festexando o Magosto e o Samaín o pasado mártes 31 de outubro.

Grazas ás familias pola vosa colaboración na decoración, sodes todos uns artístas!!

 

CONTACONTOS DA SEMANA

As nenas de 3º Carla, Noemí e Mariña foron a lerlle o conto e " El amor de Rosi" aos nenos e nenas de 1º A.  Daniela foi contarlle " Unha pantasma con asma" ao alumnado de 2º A e as alumnas de 5º A, Icía, Lorena e Ainara leron ao alumnado de 1º A o conto de "A casa do terror".

Fixeronno xenial!

  

OBRADOIRO DE DECORACIÓN PARA SAMAÍN

Para a decoración da biblioteca e ludoteca o Rato Leo fixo uns talleres de decoración da biblioteca para o Samaín. Tivo moitos participantes!!!

Gracias nenos e nenas pola vosa axuda!!!!Quedou chulísima!!!

Para celebrar a semna do Samaín o alumnado contacontos foi a ler contiños de medo as distintas aulas. aquí vos deixamos un pequeniño resumo de como foi.

        

No día do samaín o alumnado contacontos recibiu uns datalliños a cargo da súa mascota Leo. Moitas grazas pola vosa colaboración.

Fixéstelo xenial!!

 

Distribuir contido