blogue deMJVILLAVERDE
EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO 5º E 6º DE PRIMARIA
Enviado por MJVILLAVERDE o Lun, 12/06/2023 - 18:04O alumnado de 5º e 6º de primaria gozaron dun marabilloso día de excursión, onde visitaron a exposición de Picasso no Museo de Belas Artes da Coruña, merendola no Parque de San Pedro e remataron o día cunha explosión de diversión no Urban Planet de Oleiros.
LISTADO DE LIBROS PARA O CURSO 2023/2024
Enviado por MJVILLAVERDE o Lun, 12/06/2023 - 17:37Premendo no seguinte enlace pode acceder ao listado de libros para o vindeiro curso 2023-2024:
*RECOMÉNDASE AGARDAR A SETEMBRO Á TITORÍA DE PRINCIPIO DE CURSO PARA COMPRAR LIBROS, POR SI HOUBERA VARIACIÓNS
CLUBE DE LECTURA "BIBLIOLEO"
Enviado por MJVILLAVERDE o Dom, 04/06/2023 - 21:02O clube de lectura "Biblioleo" despide o curso cos poemas de Marilar Alexandre, nesta ocasión á beira do río!!
MADRIÑAS LECTORAS: "LAS MANOS NO SON PARA PEGAR"
Enviado por MJVILLAVERDE o Dom, 04/06/2023 - 20:58As nosas madriñas lectoras prepararon para o alumnado de primeiro "Las manos no son para pegar":
O NOSO NOVO RECUNCHO DE OCIO EN CONTACTO COA NATUREZA
Enviado por MJVILLAVERDE o Dom, 04/06/2023 - 20:55Este curso comezamos a coa creación dun novo recuncho no noso patio para poder gozar do contacto coa natureza cos nosos amigos e amigas. Contamos coa colaboración dos papás que axudaron ao alumnado a plantar as árbores e con novos bancos, achegados polo Concello de Vimianzo, onde os nenos e nenas poden aproveitar para ler, relaxarse e relacionarse nos momentos de ocio.
Esperamos poder seguir engadindo melloras que o fagan áinda máis acolledor!
PROXECTO CONCELLO DE VIMIANZO: ALUMNADO DE 2º DE PRIMARIA.
Enviado por MJVILLAVERDE o Lun, 29/05/2023 - 23:48O alumnado de segundo de primaria preséntanos no vídeo o que aprenderon no seu proxecto sobre Concello de Vimianzo.
Que ben o fixeron!
LECTURAS DA SEMANA
Enviado por MJVILLAVERDE o Lun, 29/05/2023 - 23:44Esta semana "Orellas de Bolboreta" para infantil, da man de Nerea e Noa e "Rato Ton e Rata Tomasa", para primeiro, con Pili e Marta.
FORMACIÓN PARA FAMILIAS: Educación Afectivo Sexual
Enviado por MJVILLAVERDE o Mar, 23/05/2023 - 10:31A tarde do luns 22 de maio contamos no centro coa formación ofrecida para as familias sobre Educación Afectivo Sexual:
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »