LECTURAS TERRORÍFICAS
Enviado por MJVILLAVERDE o Mar, 08/11/2022 - 21:48Polo Samaín levamos a cabo lecturas terroríficas para os máis pequenos.
Tivemos uns padriños lectores xeniais que prepararon as súas lecturas e léronllas aos máis pequenos do cole.
SAMAÍN E MAGOSTO 2022
Enviado por MJVILLAVERDE o Ven, 28/10/2022 - 21:01Xa chegou o Samaín e o magosto ao noso cole.
Hoxe estivemos gozando dunha xornada marabillosa, aínda que o tempo non nos acompañou como nos gustaría.
A continuación podedes ver o ben que o pasamos.
(PREMA NA IMAXE PARA VER O VÍDEO)
ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR CURSO 2022/2023
Enviado por MJVILLAVERDE o Mar, 25/10/2022 - 16:04A resolución de 19 de setembro de 2022, da Secretaría Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa (D.O.G. 30/09/22) establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos Consellos Escolares de centros de educación non universitarios.
O proceso, na parte que implica ós pais e nais dos alumnos, segue os seguintes pasos:
- Sorteo dos membros da Xunta Electoral.
- Convocatoria e constitución da Xunta Electoral.
- Presentación de Candidaturas.
- Publicación dos Censos Electorais.
- Proclamación de candidaturas.
- Presentación de reclamacións, se as houbera.
- Votación e escrutinio.
- Proclamación de candidatos elixidos.
- Constitución do Consello Escolar.
O Sorteo público para a formación da XUNTA ELECTORAL mércores día 26 de Outubro ás 14:30 horas na Dirección do Centro.
Unha vez constituída (día 02 Nov.), emitiráse información puntual do proceso mediante circulares .
PREMA NO SEGUINTE ENLACE PARA ACCEDER Á INFORMACIÓN SOBRE AS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR:
MAGO TETO E MAGO PACO
Enviado por MJVILLAVERDE o Ven, 21/10/2022 - 13:45Os días 20 e 21 de outubro tivemos a oportunidade de gozar das actuacións do Mago Teto e o Mago Paco no auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo.
PLAN DIXITAL DE CENTRO
Enviado por MJVILLAVERDE o Ven, 14/10/2022 - 18:19RUTA DOS MUIÑOS DE CAMBEDA OU...JUMANJI?
Enviado por MJVILLAVERDE o Lun, 26/09/2022 - 10:21Este curso o alumnado de 4º está en territorio Jumanji, e o pasado 21 de setembro saíron das súas cabanas para explorar a zona.
Se queredes ver a súa experiencia mira o vídeo con paciencia.
E se che gusta o que ves,
a Cambeda podes ir
e o paseo facer ti.
Recorda...
Se o planeta queres salvar
a natureza debes coidar.
(PREMA NA IMAXE PARA VER O VÍDEO)
PLAN DE ACOLLIDA CURSO 2022-2023
Enviado por MJVILLAVERDE o Xov, 01/09/2022 - 14:39Premendo no enlace poden acceder ao Plan de Acollida para o curso 2022-2023 onde se fai referencia ás normas básicas e organización do centro para o curso 2022-2023.
PUBLICADAS LISTAXES DEFINITIVAS DE FONDOLIBROS PARA O CURSO 2022/2023
Enviado por ROCÍO o Mér, 13/07/2022 - 11:11Publicadas Listaxes Provisionais de Fondolibros para Educación Primaria.
Os interesados poden consultar:
1. Accedendo á aplicación "Fondolibros" no menú "Cidadáns" coa Chave 365 ou certificado dixital.
2. No taboleiro de anuncios situado no interior do colexio.
PUBLICADAS LISTAXES PROVISIONAIS DE FONDOLIBROS 2022/2023
Enviado por ROCÍO o Xov, 07/07/2022 - 11:50Publicadas Listaxes Provisionais de Fondolibros para Educación Primaria.
Os interesados poden consultar o expediente:
1. Accedendo á aplicación "Fondolibros" no menú "Cidadáns" coa Chave 365 ou certificado dixital.
2. No taboleiro de anuncios situado no interior do colexio.
Prazo de reclamacións: As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días seguintes a
data desta publicación.
HORARIOS DE REUNIÓNS DE TITORÍAS INICIAIS PARA CURSO 2022-2023
Enviado por MJVILLAVERDE o Mar, 05/07/2022 - 10:52Horarios establecidos para levar a cabo as titorías de aula cos mestres correspondentes para o curso 2022/2023: (Actualizado 2-9-2022)
MARTES 6
• 4º de Educación Infantil : 10:30 h
• 5º de Educación Infantil : 10:30 h
• 6º de Educación Infantil: 10:30 h
• 1º de Educación Primaria: 11:15 h
• 2º de Educación Primaria: 11:15 h
4ºB de Educación Primaria: 11:15h
MÉRCORES 7
• 3º de Educación Primaria: 10:30h
• 4ºA de Educación Primaria: 11:15h
• 5º de Educación Primaria:12:00 h
• 6º de Educación Primaria: 12:30 h
Cada grupo de pais será recollido á hora establecida na porta polo mestre correspondente para acompañalos na subida ás aulas.
Rógase puntualidade para súbir todos á vez.
Asistirá unha única persoa por alumno/a e sen nenos/as.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- …
- seguinte ›
- última »