Saltar navegación.
Inicio

OBRADOIRO "A XERACIÓN DA IGUALDADE"- Asociación Visibles

Esta semana levamos a cabo obradoiros para o alumnado de infantil e primeiro ciclo de primaria da man de Olalla Trigo, coordinadora e tallerista do programa "A Xeración da Igualdade" da Asociación Visibles.  O obradoiro-contacontos "A Comunidade Vagalume" gustoulle moito aos nosos pequechos e pequechas.

PADRIÑOS LECTORES

 

OBRADOIROS SOBRE NUTRICIÓN PARA 1º E 2º DE PRIMARIA

O día 21 de marzo, o alumnado de 1º e 2º de primaria participou nun obradoiro para tratar a importancia de manter unha alimentación saudable. Este foi impartido pola nutricionista do centro de saúde de Vimianzo.

 

PADRIÑOS LECTORES

 

 

 

PADRIÑOS LECTORES: "O libro dos Porcos"

 

Esta semana os nosos padriños lectores, Saray e Román, prepararon " O libro dos Porcos" para os máis pequenos. Un contiño para reflexionar sobre o importante que é a colaboración para ter unha vida mellor!

8 DE MARZO: "AS MULLERES DA NOSA VIDA "

O alumnado de 3º de primaria conmemorou o 8 de marzo con entrevistas baixo o lema "As mulleres da nosa vida".

Aquí unha pequena mostra do resultado:

OBRADOIROS 8M: Día da Muller Traballadora

Con motivo da conmemoración do 8 de Marzo, a axente de igualdade do Concello de Vimianzo, Xiomara Lazo, ofreceu para o alumnado de primaria obradoiros sobre igualdade de oportunidades entre homes e mulleres no Concello de Vimianzo.

 

 

 

FORMACIÓN PARA FAMILIAS: COMO MOTIVAR AO ALUMNADO?

O  pasado mércores  1 de marzo  tivemos no centro un obradoiro para as familias sobre como motivar ao alumnado. Este realizouse da man da nosa compañeira Alba Vieites Lestón, autora do libro "Quiero ir al Cole: Herramientas y recursos para motivar al alumnado"- Saralejandría Ediciones.

Moitas grazas ás familias que asistiron e mostraron o seu interese por participar.

 

Distribuir contido