Saltar navegación.
Inicio

FORMACIÓN PARA FAMILIAS: Educación Afectivo Sexual

A tarde do luns 22 de maio contamos no centro coa formación ofrecida para as familias sobre Educación Afectivo Sexual:

LECTURAS DESTA SEMANA

 

Esta semana recitamos os clásicos con "A casa de había unha vez" de Ana María Fernández:

 

LETRAS GALEGAS 2023: MÚSICA E TEATRO PARA CONMEMORALAS

O Concello de Vimianzo organizou no auditorio de Vimianzo unha representación de teatro con música da man de  Luis Valleciño :"Cantares das Letras", da que pudemos gozar todo o alumnado do centro:

 

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMISIÓN DE ALUMNADO. CURSO 2023/2024.

Publicadas listaxes definitivas de admisión de alumnado para o curso 2023/2024.

Todo o alumnado solicitante, obtivo praza neste centro para o vindeiro curso.

Poden consultar as listaxes definitivas, no taboleiro de anuncios situado no interior do colexio ou na aplicación admisionalumnado, accedendo coa chave 365.

Os interesados deberán formalizar a matrícula, do 20 ao 30 de xuño, data na que estará aberto o prazo de FORMALIZACIÓN.

VISITA AOS INVERNADOIROS DE PASARELA

O alumnado de 1º visitou os invernadoiros da mamá dun alumno deste curso, onde aprenderon sobre a semente, o rego e os coidados das hortalizas, así como sobre algunhas enfermidades das plantas e algunhas formas sostibles para combatilas.

XORNADAS DE EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL

Durante dúas xornadas os pais de dous alumnos de 1º que traballan no sector medioambiental acompañaron ao alumnado de 1º e 2º para explicarlles como é o seu traballo de loita contra algúns dos problemas aos que se enfrontan os nosos bosques, coma os incendios forestais, a deforestación ou a perda de biodiversidade. Grazas a eles e ao equipo que trouxeron consigo aprenderon de primeira man como se organiza este equipo humano e a importancia de que todos colaboremos na conservación das nosas árbores. Xunto a eles, as nenas e nenos de 1º plantaron no patio un freixo, un pradairo, unha sobreira e unha cerdeira e colgaron casiñas para os paxaros, facendo aínda máis inesquecible esta enriquecedora experiencia!

 

MAXIA NO SAN VICENZO

O alumnado de primeiro ciclo gozou do expectáculo de maxia: The Best Magic Trick in the World. Como lles gustou a todos!!

 

  

 

AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

Convócanse, para o curso 2023-2024, axudas individualizadas para os alumnos con Necesidade Específica de Apoio Educativo.

Asociada a discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe, incluíndo ao alumnado con TDAH (Trastorno por déficit de atención por hiperactividade) o alumnado con TEA (Trastorno do espectro autista). Así como, axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.

  • Prazo de presentación de solicitudes: desde o día 8 de maio de 2023 ata o día 20 de setembro de 2023, ambos inclusive.

 

 

NOVO EQUIPAMENTO NAS AULAS DO SAN VICENZO

Esta semana viñeron instalarnos nas aulas de Educación Infantil e de 1º ata 4º de primaria PANEIS INTERACTIVOS. Estamos encantados con este novo recurso que nos permite: mellorar a nosa práctica educativa, deseñar propostas máis entretidas, atender mellor á diversidade da aula e ofrecer novas posibilidades ao noso alumnado.

FORMACIÓN PARA FAMILIAS: PERIGO EN REDES.

A tarde do xoves 3 maio contamos coa formación para familias sobre o "Perigo en Redes". Os aspectos tratados por Sergio, garda civil especializado na materia tratada, resultaron moi interesantes e invitan a reflexionar sobre o que nos enfrentamos ao deixar na man dos nosos pequenos un dispositivo con acceso á rede que lles abre as portas a un mundo onde se poden atopar con moitos perigos dos que non somos conscientes na maioria dos casos. 

 

 

Distribuir contido