Saltar navegación.
Inicio

CONTACONTOS EN FEBREIRO

    

ENTROIDO 2024

Aquí unha pequena mostra dos nosos disfraces de Entroido neste 2024:

 

DIA DA PAZ: A REDE DOS DEXESOS

O alumnado de Educación Infantil elaborou unha obra polo día da Paz, baseada nas instalacións artísticas A CHAVE NA MAN da xaponesa Chiharu Shiota e EU DESEXO O TEU DESEXO da brasileira Rivanne Neuenschwander´s.  Convidouse ao alumnado de primaria a intercambiar os seus desexos e participar tamén nesta creación artística. O obxectivo é que os nosos desexos pola paz se estendan a todo o mundo e se fagan realidade.

 

CLUB DE LECTURA: A BRUXIÑA DA SORTE - CONCHA BLANCO

   No Club de Lectura do alumnado de 4ºA analizan a lectura de "A bruxiña da sorte" de Concha Blanco, que leron ao longo do primeiro trimestre:

 

COLLAGE DE INVERNO: HERVÉ TULLET

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do noso mural de inverno,inspirado no artista Hervé Tullet, que decora a entrada do noso centro.Foi elaborado polo alumnado de 3º ciclo en colaboración cos membros do Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares:

PANXOLIÑA DE NADAL DO CEIP SAN VICENZO :NOITE DE NADAL!

Dende o CEIP Plurilingüe San Vicenzo desexámosvos unhas FELICES FESTAS coa nosa panxoliña de Nadal, elaborada coa colaboración principal de Adrián Pombo, mestre de música, o profesorado do equipo de Dinamización da Lingua Galega e, por suposto, todo o alumnado do centro como artistas principais.

Esperamos que vos guste!

 

 

 

CONMEMORAMOS O 25 N : DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Para conmemorar o 25 de Novembro:  "Día Internacional Contra a Violencia de Xénero" traballamos mensaxes reivindicativas analizando o seu significado. Cada unha das 14 clases deste curso 2023/2024 plasmou a súa mensaxe nunha lousa de pizarra que, en colaboración co Concello, van ser colocadas nas 14 parroquias de Vimianzo.

Agradecemos a colaboración do Concello na achega das lousas e pola implicación na actividade.

Aquí tedes unha mostra do resultado do noso traballo:

    

VISITA AO MUÍÑO DE "TRAS DO MUÍÑO" E PASEO POLO RÍO DA VILA

O alumnado de infantil gozou dunha mañá de paseo para ver o mecanismo e funcionamento do muíño de "Tras do Muíño" .Despois fixeron unha camiñata pola beira do río que percorre a vila observando os elementos da paisaxe que o rodean.

LECTURAS NO MES DE NOVEMBRO

No mes de novembro seguimos coas lecturas a cargo dos nosos e nosas contacontos. 

Todos e todas gozamos das súas lecturas!!! 

  

 

Distribuir contido