Saltar navegación.
Inicio

SOLICITUDES COMEDOR CURSO 2022-2023

  • Nos seguintes enlaces poden acceder á información relativa á solicitude de comedor para o vindeiro curso 2022/2023 e aos impresos necesarios para realizar os trámites:

 

FESTIVAL DE FIN DE CURSO 2022

Aquí vos deixamos unha pequna mostra do noso Festival de Fin de Curso 2021/2022

 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

Estimadas familias:

Comunicarvos que está aberto o prazo de formalización de matrícula para todos alqueles nenos e nenas que comenzarán neste colexio para o curso 2022/2023. Este prazo rematará o día 30 de xuño de 2022.

Podedes recoller na secretaría do centro os impresos de formalización, que deberán ser cubertos e asinados por ámbolos dous proxenitores, ou descargar o seguinte arquivo adxunto:

 

 

COIDA DO PLANETA

O alumnado de 3º de primaria foi facer un tramo do Camiño dos Faros (de Camelle a Traba). Tamén aproveitou para deixar a praia aínda máis limpa do que a atopou.

GRAFFITI : "PASAR TEMPO XOGANDO NUNCA SERÁ TEMPO PERDIDO"

Para continuar co noso proxecto de centro "Arte-Natureza-Movemento", o alumnado de 5º e 6º de primaria tivo a oportunidade de participar, xunto con profesionais, na creación dun Graffiti que decora o patio de Educación Infantil co lema: " Pasar tempo xogando nunca será tempo perdido".

 

PLAN IGUALDADE DO CEIP PLURILINGÜE SAN VICENZO

Ao longo deste curso escolar iniciamos unha serie de actividades para levar a cabo o Plan de Igualdade do centro, coa intención de darlle continuidade nos vindeiros cursos. Este baséase nos seguintes principios:

  • Transversalidade: a igualdadede xénero como un principio transversal e sempre presente na nosa actividade educativa.
  • Sociedade igualitaria: a construción dunha sociedade na que homes e mulleres serán iguais empregandoa educación como medio para combatir todas as formas de discriminación.
  • Violencia 0 nas aulas e na sociedade: é imprescindible a sensibilización e a concienciación na comunidade educativa do problema da violencia de xénero na sociedade e a loita pola súa total desaparición. 

 

No seguinte vídeo podedes ver unha mostra dalgun das actividades:

LISTADO DE LIBROS PARA O CURSO 2022-2023

No documento adxunto achégase o listado de libros para o vindeiro curso 2022-2023. 

 

 

*Dende o centro recoméndase non mercalos ata ter a titoria inicio de curso, que se levará a cabo antes do inicio das  clases cos mestres correspondentes, por se xurdira algún cambio.

VISITA Á DOMUS CO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA

O pasado 24 de Maio o alumnado de sexto de primaria tivo a oportunidade de realizar unha visita ao museo DOMUS da Coruña.

Dentro da visita o protagonismo centrouno un taller de circuítos onde puideron experimentar con múltiples elementos dun circuíto eléctrico e resolver os problemas que se lle plantexaban. Tamén realizouse unha visita polas tres exposicións do museo:

  • A primeira dedicada ao xenoma humana, onde puideron coñecer os segredos que oculta o noso ADN e como os nosos hábitos afectan a nosa saúde.
  • A segunda adicada as intelixencias múltiples de Howard Gardner.
  • A terceira adicada a evolución da especie humana e a responsabilidade que temos como especie dominante sobre o planeta.

     

FIN DE CURSO: ULTIMAS SESIÓNS DE CONTACONTOS

 

 

O alumnado participou nas últmas sesións de contacontos e do Clube de Lectura ao longo do mes de maio:

 

      

Distribuir contido