Saltar navegación.
Inicio

A ventá do San Vicenzo

Páxina de probas diversas.

Felices festas e feliz ano 2023

Remata este primeiro trimestre do curso 2022/2023. 

Nestes últimos días os/as cativos/as do cole fomos á pista de patinaxe, comemos chocolate con churros, bailamos, cantamos villancicos, fixemos manualidades e despedimos este ano dunha forma moi especial. 

Podedes ver todo o que estivemos facendo neste vídeo

 

Contacontos no Nadal

Nesta última semana do Nadal, temos unhas contacontos moi especiais. 

 

Esperamos que gocedes moito destas datas tan especiais. 

BO NADAL!

Visita de Miguel, o entomólogo a 4º de Educación Primaria

 

Hoxe foi un mércores moi especial nas cabanas de Jumanji de 4º de Educación Primaria. Estamos aprendendo moito sobre os animais invertebrados e para coñecer un pouco máis sobre estes animais, hoxe pasamos unha mañá moi entretida con Miguel, un entomólogo que coida e estudia artrópodos. 

Neste vídeo amosámosvos moitos dos animais que coñecemos nesta actividade. 

 

PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO

Recibimos a visita da Garda Civil

Pois si, como ben di o título desta entrada, o pasado recibimos a visita da Garda Civil, e non dun Garda Civil, senón de varios equipos da Garda Civil, Seprona, Submarinos, Axentes antidrogas, explosivos... 

Foi unha experiencia que nos gustou moito.

Deixámosvos un pequeno vídeo onde podedes ver o que estivemos facendo.

 

PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO

Madriñas lectoras da semana

Esta semana unhas alumnas de segundo foron as nosas "madriñas lectoras". Grisela e "Mecachis quiero ser grande" sempre teñen éxito. 

Fixérono moi ben. 

Moitas grazas!

 

A ver que padriños e madriñas nos sorprenden as vindeiras semanas. 



 

Os nosos contacontos

Esta semana os nosos "contacontos" agasallaron aos máis pequenos cos seguintes contos: 

- "Monstruos patas arriba"

- "La llave de los sueños"

Que ben o pasamos! 

Grazas a todos/as!

 

 

LECTURAS TERRORÍFICAS

Polo Samaín levamos a cabo lecturas terroríficas para os máis pequenos. 

Tivemos uns padriños lectores xeniais que prepararon as súas lecturas e léronllas aos máis pequenos do cole. 

 

SAMAÍN E MAGOSTO 2022

Xa chegou o Samaín e o magosto ao noso cole. 

Hoxe estivemos gozando dunha xornada marabillosa, aínda que o tempo non nos acompañou como nos gustaría. 

A continuación podedes ver o ben que o pasamos. 

 

(PREMA NA IMAXE PARA VER O VÍDEO)

MAGO TETO E MAGO PACO

Os días 20 e 21 de outubro tivemos a oportunidade de gozar das actuacións do Mago Teto e o Mago Paco no auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo.

RUTA DOS MUIÑOS DE CAMBEDA OU...JUMANJI?

Este curso o alumnado de 4º está en territorio Jumanji, e o pasado 21 de setembro saíron das súas cabanas para explorar a zona.

Se queredes ver a súa experiencia mira o vídeo con paciencia. 

E se che gusta o que ves, 

a Cambeda podes ir

e o paseo facer ti.

Recorda...

Se o planeta queres salvar

a natureza debes coidar.

(PREMA NA IMAXE PARA VER O VÍDEO)

Distribuir contido