Saltar navegación.
Inicio

A ventá do San Vicenzo

Páxina de probas diversas.

ANIMACIÓN DE SANTILLANA: "SUPERZORRO"

 

O 16 de marzo tivemos para o alumnado de 3º e 4º de primaria unha animación de Santillana sobre o título "Superzorro":

SEMANA DA PRENSA: BUZÓN DAS BOAS NOVAS!

 

Aquí temos unha pequena mostra dos traballiños que fixemos no centro ao longo da Semana da Prensa :

8 DE MARZO: "MULLER,PODES SER O QUE QUEIRAS SER"

Baixo o lema " Muller, podes ser o que queiras ser", con motivo da conmemoración do día 8 de Marzo,  ao longo da semana pasaron polo CEIP Plurilingüe San Vicenzo mulleres de diferentes profesións para mostrar a figura da muller en distintos ámbitos laborais.

Moitísimas gracias a todas as que colaborastes!

Foi un orgullo contar con vos!

ÁRBORES DA NOSA CONTORNA

 

Este curso, en relación co proxecto de centro, "ARTE-NATUREZA-MOVEMENTO", decidimos elaborar entre todos un libro onde recollemos información sobre as distintas ÁRBORES DA NOSA CONTORNA.  

Preme na imaxe e interactúa con ela para ver os traballiños feitos polos distintos cursos:

30 DE XANEIRO : MURAL POLA PAZ - "SENDO PEQUENO PODES FACER COUSAS GRANDES"

Con motivo da celebración do Día da Paz, alumnado e profesorado participamos na elaboración dun mural para representar os símbolos de PAZ e RECONCILIACIÓN, ademais dunha pequena adaptación dun mural de Keith Haring.

Preme na imaxe para ver o proceso:

 

ACTIVIDADE COA ASOCIACIÓN ÍNTEGRO

Os días 25 e 26 de xaneiro contamos coa visita de membros da Asociación Íntegro de Cabana de Bergantiños. Entidade sen ánimo de lucro que busca promover a integración das persoas con diversidade funcional nas comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra.

Nesta ocasión visitáronnos para facer actividades co alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de primaria co fin de facelos reflexionar sobre a importancia de traballar por unha verdadeira integración e loitar contra as barreiras que o impiden.

Aquí tedes unha pequena mostra en imaxes: 

     

DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS

 

Aquí unha pequena mostra das nosas obras de arte para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos Humanos:

 

ACTIVIDADES DE BIBLIOTECA NO MES DE DECEMBRO

 

 

 

      

    

O CAZO DE LORENZO: 3 DE DECEMBRO, UN DÍA PARA TODOS!

  

"Diferentes no voo pero...o mesmo dereito a voar."

 

O Cazo de Lorenzo é un conto que nos deixa unha gran lección de vida: todos en algún momento da nosa vida, podemos encontrarnos ante dificultades que nos parecen insuperables pero, non por iso, temos que rendirnos, ni escondernos, nin avergonzarnos. Bótalle un ollo a esta historia tan bonita que prepararon as mestras do DO e alumnado para que poida chegar a todos/as.

 


 

 

          

3 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O 3 de Decembro conmemórase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. O Departamento de Orientación elaborou un Genially con información e actividades para sensibilizar á familias e ao alumnado. Preme na imaxe e bótalle un ollo a todas as propostas!!

Distribuir contido