Saltar navegación.
Inicio

A ventá do San Vicenzo

Páxina de probas diversas.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020 - ALUMNADO DE 4º DE PRIMARIA

Os nenos e nenas de 4º de primaria tamén fixeron os seus traballiños de investigacion sobre Ricardo Carvalho Calero,autor conmemorado nas Letras Galegas 2020. Botádelle un ollo ao ben que o fixeron pinchando na imaxe!!

RULETA DE PALABRAS "LETRAS GALEGAS 2020"

 

 As Letras Galegas 2020 están adicadas a Ricardo Carvalho Calero.  Divírtete demostrando canto sabes do autor!

 

RULETA DE PALABRAS: RICARDO CARVALHO CALERO (dificultade medio-alta)

Letras Galegas 2020

(pincha na ruleta)

 

Elaborada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega

 

RULETA DE PALABRAS: RICARDO CARVALHO CALER (dificultade medio-baixa)

Letras Galegas 2020

(pincha na ruleta)

 Elaborada polo Eqipo de  Dinamización da Lingua Galega en colaboración co Equipo de Educación Infantil

 

 

SOMOS CREATIVOS!- Educación Infantil

Os nenos, nenas e mestras de Educación Infantil divertímosnos deixando voar a nosa imaxinación para representar cadros famosos.

Aquí tedes o resultado!

 

 

INVESTIGAMOS O NOSO CONCELLO!- ALUMNADO DE 3º DE PRIMARIA

As amigas e amigos de 3º están investigando sobre diferentes aspectos do noso concello. Un deses apartados son os monumentos e lugares de interese. Carmen e Jonathan fixeron a súa propia investigación e presentaron a información recollida nun vídeo. Mirade cantas cousas nos contan sobre o CASTELO e OS BATÁNS DO MOSQUETÍN!

DÍA DO LIBRO: A MAXIA DOS LIBROS- ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA

Con motivo da conmemoración do Día do Libro e para fomentar a lectura, os alumnos e alumnas de 6º de educación primaria queren continuar contándolles, dende as súas casas, relatos curtos aos nenos/as do centro. Para iso inventaron as súas historias sobre o COVID-19 a partir de títulos de libros da nosa biblioteca. Podedes ver o ben que o fixeron nos seguintes vídeos:

VIDEO DO ALUMNADO DANDO APOIO Á SOCIEDADE DURANTE COVID-19

O alumnado do CEIP Plurilingüe San Vicenzo tamén quere dar a súa mostra de ánimo á sociedade e apoio a todos os profesionais que están axudándonos a superar esta situación tan complicada. Deixámosvos aquí un pequeno vídeo.

Biblioleo

Como o tempo acompañou o club de lectura "Biblioleo" xuntámonos á beira do río.

Que ben se está ao soliño cun libro na man! 

 

 

Samaín e Magosto 2022

Un ano máis chega o Samaín e o Magosto ao noso cole. 

Aínda que o tempo non nos acompañou como nos gustaría gozamos dunha xornada única. 

No seguinte vídeo podedes ver o ben que o pasamos. 

 

 

(PREMA NA IMAXE)

Distribuir contido