Saltar navegación.
Inicio

Actividades

CHARLA EDUCATIVA SOBRE O USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS

O día 21 de xaneiro tivemos no centro unha charla sobre "os riscos asociados ás novas tecnoloxías e o uso das redes sociais" para o alumnado de 5º e 6º de primaria, impartida pola Garda Civil.

 

CONTO DE NADAL 2019: O APALPADOR E OS SEUS AMIGOS

 

25 N - Non a Violencia de Xénero

Dende a Biblioteca do CEIP Plurilingüe San Vicenzo tamén fomentamos a igualdade coas nosas lecturas.

SAMAÍN 2019/20

 

Así celebramos o SAMAÍN este curso no noso cole...

 

OS NOSOS LIBROS, AS NOSAS LETRAS, A NOSA FALA

Para celebrar o DÍA DO LIBRO  (23 de abril) e o DÍA DAS LETRAS GALEGAS (17 de maio), no noso cole fixemos diferentes actividades.

  • Lectura/presentación de diferentes traballos sobre Rosalía.
  • Investigamos sobre distintos autores Galegos.
  • Apadriñamentos lectores.
  • Visita da escritora Fina Casalderrey.

DA PREHISTORIA AOS IRMANDIÑOS II

Seguimos co noso proxecto sobre a historia de Galicia. Despois de viaxar pola prehistoria no primeiro trimestre, chegamos á época dos castros e á conquista dos romanos.

Dende a biblioteca recomendamos visitar o Castro de Borneiro, a Ponte romana de Brandomil ou a Torre de Hércules.

Aquí podedes ver algunha foto das cousiñas que estivemos facendo. Moitas grazas pola vosa colaboración.

         

 

TEMOS BOLSIÑAS NOVAS

O PASADO VENRES ESTREAMOS ESTAS ESTUPENDAS BOLSIÑAS PARA LEVAR OS LIBROS DE PRÉSTAMO PARA A CASA E ASÍ PROTEXELOS MELLOR. PORQUE XA SABEDES, OS LIBROS HAI QUE COIDALOS, UN LIBRO É UN AMIGO.

FINA CASALDERREY

A Real Academia Galega acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria.

Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Fina será a quinta muller que ocupe un cargo na RAG.

A nova académica da RAG é autora dunha vasta obra, especialmente no ámbito da literatura infantil e xuvenil, que arrancou en 1991 coa novela infantil "Mutacións xenéticas", á que seguiron "Dúas bágoas por máquina", "A noite dos coroides", "Camizo", "Asústate, Merche" e " O misterio dos fillos de lúa", coa que ganou en 1995 o premio nacional de literatura infantil e xuvenil e o premio El Barco de Vapor.

Outros títulos da súa bibliografía son "O estanque dos parrulos pobres", que se alzou co premio Edebé de Literatura Infantil e Xuvenil, "Prohibido cazar, papá!, etc.

Pero aínda teremos que esperar como mínimo catro meses ata que Fina tome posesión do novo cargo.

DA PREHISTORIA AOS IRMANDIÑOS

Dende a biblioteca proponse estudar e investigar un pouquiño sobre a historia de Galicia. Da PREHISTORIA á época dos IRMANDIÑOS.

Nun primeiro momento centrámonos na PREHISTORIA, logo pasaremos á épocaa dos castros, aos romanos, e finalmente aos Irmandiños.

Podedes ver que na entrada da biblioteca xa hai unha pequena exposición de cousiñas que fixeron algúns nenos e nenas coa axuda das profes  e das familias.

Todos podedes colaborar; buscar imaxes, información, debuxar algo, construir algo... entregádeo na biblioteca e expoñerémolo.

Ademais propoñemos algunha actividade para  que completedes, tendes unhas bandexas coas propostas e un buzón para entregalas. Por exemplo, un test histórico, explicar qué é un historiador, ou que vos imaxinedes como será Galicia no futuro. Ao longo do curso e según avancemos na  historia/o tempo, as propostas serán diferentes. Iremos recollendo esos traballos, e aos mellor feitos, mellor presentados, etc, entregaráselle algún agasallo.

Podedes apreveitar que no recreo a biblio está aberta para buscar información e pregunrtar ás profes, poderedes imprimir e pedir o material que necesitedes.

ATA PRONTO

                                                                                                                                                                                                                                   

BENVIDOS Á BIBLIOTECA UN CURSO MÁIS

"DIN QUE TODAS AS PERSOAS NECESITAMOS AS HISTORIAS, TANTO COMA A AUGA QUE BEBEMOS, TANTO COMA O PAN DE CADA DÍA. QUE SORTE, QUE SEXAN TAN DOADAS DE CONSEGUIR! (...) SÓ HAI QUE ABRIR UN LIBRO E DEIXARSE LEVAR POLA FERVENZA DE VOCES, DE LINGUAS, DE RECENDOS, DE PAISAXES... UNHA MAXIA SECRETA E INESGOTABLE QUE A NÓS NOS CORRESPONDE DESCUBRIR."

CON ESTAS VERBAS EXTRAIDAS DO TEXTO "OS RIOS DA VIDA" QUE AGUSTÍN FDEZ PAZ ESCRIBIU CON MOTIVO DO DIA MUNDIAL DO LIBRO, QUEREMOS DARVOS UNHA VEZ MÁIS A BENVIDA Á NOSA BIBLIOTECA ESCOLAR.

Distribuir contido