Skip to Content

EXPOSICIÓN ARTE

O venres puidemos disfrutar dunha exposición itinerante de Arte no cole. Os autores destas obras foron o alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed. Infantil e 1º de Ed. Primaria.

Os cadros expostos estaban inspirados en autores coma: Matisse, Kusama, Klee, Mondrian, Pollock e De kooning e tamén cadros elaborados con distintas técnicas plásticas. 

Disfrutamos moito con esta actividade!!!

ACTUACIÓN MIGALLAS

Que ben o pasamos o mércores na actuación de Migallas "PAN DE MILLO". Cantamos e bailamos as cancións: O Moucho, Miña abuela Manuela...

 

A ÚLTIMA VOZ 6ºA

Aquí tedes a última edición do xornal de 6ºA

 

 

Almorzos Saudables

Alumnos e alumnas do cole visitamos o Pazo de Vista Real. Viaxamos no "Chiquitren" e aproveitamos para visitar lugares moi fermosos de Vilanova como a praia do Terrón, o porto ou a lonxa. No pazo agardábannos os alumnos e alumnas da escola de hostelería e restauración do concello. Agasalláronos cun almorzo digno dun "restaurante con estrelas". A preparación estaba basada en froitas e verduras. Os nenos e nenas degustaron unhas preparacións moi sans e moi divertidas como poderedes ver na galería de fotos.

Moitas grazas aos futuros Chefs e Maîtres de Vilanova!!!!!

Álbum: Actividades complementarias -> ALMORZOS SAUDABLES

VISITA CANINA

Hoxe recibimos unha visita moi especial no colexio: Mulán e Nicoletta, dúas cadeliñas que se divertiron xogando e seguro que están desexando volver!!

 

        

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDA PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2021-2022

Estimadas familias, publicouse a convocatoria para o fondo de libros e axudas para libros de texto e material escolar para o vindeiro curso. Toda a información na Orde do 6 de maio de 2021 

Destinatarios: 

- Fondo libros: alumnado de 3º e 4º curso de Ed. Primaria.

- Axudas de libros de texto: 1º e 2º curso de Ed. Primaria.

- Axudas para material escolar: alumnado de 1º a 6º curso de Ed. Primaria.

Prazo de solicitude: do 21 de maio ao 22 de xuño de 2021.

Documentación a presentar:

- Anexo I e II debidamente cumprimentado.

- Certificado de discapacidade do alumno/a ou calquera membro da unidade familiar, se procede.

- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero, se procede.

- No caso de separación ou divorcio, deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

- Outra documentación que consideren oportuna recollida na Orde do 6 de maio de 2021.

A renda a ter en conta é a do ano 2019.

Formularios: poden presentalos no formulario anexo I a través da aplicación electrónica ou presencialmente no centro.

Pode descargar a solicitude aquí: Anexos I e II

APADRIÑAMENTO LECTOR

Os nosos padriños lectores do I.E.S. A Basella envíannos este Genially,

entra en el e a ver que descobres.

  

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

As alumnas e alumnos do Xulio Camba interpretan percutindo con material escolar o poema de Xela Arias con canción da Banda da Loba:

"Intempériame" 

 

OS MAIOS

Distribuir contido


by Dr. Radut