Skip to Content

PREMIOS AOS MELLORES CONTOS DE MEDO

Xa sabedes o que nos gusta propoñer actividades e que o alumnado participe nelas. Neste caso falamos de contos de medo.

Os alumnos e alumnas que escribiron os mellores contos  recibiron un agasallo que esperamos que lles gustase.

No seguinte enlace podedes ver aos premiados.

 

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipxuliocamba/galeria/thumbnails.php?album=64

MAGOSTO

Ao final o tempo acompañou e puidemos celebrar o magosto, comendo unhas ricas castañas asadas e disfrutando de xogos tradicionais no patio. Aquí tendes unha pequena mostra do ben que o pasamos.

 

  

 

Para ver máis fotos, pincha aquí:

 

 

Consumo responsable

Esta semana tivemos una charla moi interesante sobre o consumo responsable. 

Na imaxe podemos ver a uns cativos do cole traballando no tema, xa que pronto poñerán en práctica todo o aprendido. 

 

Actividade de seccións bilingües Land Art

  

Para ver máis imaxes, pincha aquí:

"Orellas de Bolboreta"

Esta semana, o noso alumnado de infantil escoitou o conto "Orellas de Bolboreta" que trata a autoestima e como facer frente ás críticas das persoas dunha forma intelixente e con sentido do humor. Ter orellas grandes ou o pelo rebelde non son motivos de insultos e a protagonista do conto explica dunha forma metafórica como defenderse desos comentarios.

    

PROXECTO: O CINE

¡¡Damos por inaugurado o cine do Xulio Camba!!

 

Estamos seguros que os nenos e nenas están desexando volver a vivir esta experiencia diferente no colexio. Cáles serán as seguintes películas?

Próximamente as colgaremos na nosa carteleira.

   

   

Para ver máis imaxes, pinchade no seguinte enlace:

PROBAS CAMBRIDGE

Fai dúas semanas entregáronse os diplomas ao alumnado que se presentou ás probas de Cambridge e os seus resultados non puideron ser mellores. Noraboa a todos e todas!

Para visualizar as imaxes, pincha no seguinte enlace:

 

CURSO 2022-2023

Benvidos a este curso 2022-2023 no que traballaremos a temática do cine.

RECICLAXE

Os máis pequenos do Xulio Camba recibimos hoxe a visita de Lucía para falarnos da reciclaxe e da importancia da mesma para coidar o noso planeta.

Gustounos moito a visita e aprendimos a reciclar para aportar o noso graniño de area.

 

  

 

Distribuir contido


by Dr. Radut