Skip to Content

OBRADOIROS INTERNIVEL

Como cada venres levamos a cabo outra sesión de obradoiros interniveis en Educación Infantil. Esta vez amosamos o obradoiro de arte, onde realizamos uns útiles de baile hawaiano. 

CLUB DE LECTURA

Hoxe comezaron as charlas informativas dirixidas ao alumnado de 3º e 4º de Ed. Primaria, organizadas pola Biblioteca de Don Mexillón, para coñecer o funcionamento do Club de Lectura.

SECCIÓNS BILINGÜES

En Arts o alumnado traballou Samaín/Halloween realizando un mural para a entrada do colexio así como distintos elementos decorativos para as aulas e corredores. Tamén bailaron ao ritmo da canción Spooku Scary Skeletons!

SAMAÍN/HALLOWEEN

Facendo click nas seguintes imaxes, podedes ver o baile realizado polo alumnado de Ed. Primaria e Ed. Infantil para festexar o Samaín.

 

SAMAÍN/HALLOWEEN

Hoxe celebramos no colexio esta festividade con contacontos en inglés e galego, xogos, bailes, cabazas, disfraces e... unha decoración de medo!

OBRADOIROS DE COMIDA TERRORÍFICA

Ao longos dos últimos días, o alumnado estivo realizando numerosas actividades relacionadas co Samaín/Halloween. Aquí mostrámosvos uns exemplos do que fixeron os cativos do colexio.

- 3 anos: vasoiras

- 4 anos: cabazas

- 5 anos: ratos

OBRADOIROS INTERNIVEL

O venres volvemos a realizar obradoiros en Educación Infantil. Esta vez amosamos un deles, o de motricidade fina. Neste obradoiro fixemos recortado e fiado de palliñas de cores. Podedes ver unha mostra na seguinte foto:

DÍA DE VALLE-INCLÁN

O pasado venres o alumnado de sexto curso acudiu á igrexa da Pastoriza para realizar unhas lecturas ininterrompidas con motivo da celebración do Día de Valle-Inclán. 

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Con motivo da celebración do 24 de outubro estreamos a nova imaxe de Don Mexillón, moito máis actual e atlético (acorde ao proxecto deste curso sobre os Xogos Olímpicos). Esperamos que vos guste!!

 

FORMACIÓN DE USUARIOS

Xa rematou a formación de usuarios da Biblioteca de Don Mexilón realizada durante os plans lectores. As colaboradoras e colaboradores explicaron a cada unha das clases o funcionamento deste espazo e atenderon ás dúbidas do alumnado. Fixérono estupendamente!

Distribuir contido


by Dr. Radut