Skip to Content

OBRADOIROS INTERNIVEL

O venres comezaron os obradoiros internivel en Educación Infantil.  A continuación podedes ver un pouco do realizado:  cenorias e máis cenorias! Plantación e biscoito.

PATIOS DINÁMICOS

Este ano mantemos a estratexia educativa e inclusiva dos patios dinámicos, tanto no cole norte coma no sur. Para iso, contamos cuns horarios para organizar ao alumnado voluntario encargado de cada un dos xogos. Está sendo todo un éxito!

 

LOITA NA ESCOLA

O venres convertémonos en auténticos loitadores e loitadoras! O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º gozou dunha xornada de iniciacióin á Loita Libre Olímpica, coa deportista Lydia Pérez e o seu adestrador Marcos Miragaya. Foi toda unha experiencia! Podedes ver algúns momentos na seguinte recopilación:

LOITA OLÍMPICA

A loita olímpica xunto co atletismo son os deportes de competición máis antigos do mundo. Este venres 13 de outubro, contamos coa visita dunha gran promesa galega, a loitadora Lydia Pérez. Deixámosvos un pequeno vídeo sobre ela e un par de enlaces adxuntos para coñecer máis este deporte.

 


Enlace 1: Lucha: historia olímpica, reglas, novedades y próximos eventos del deporte de París 2024

Enlace 2: Maider Unda gana la medalla de bronce en los Juegos Olímpicos de Londres.

https://www.rtve.es/play/videos/tokyo-2020/maider-unda-gana-medalla-bronce-juegos-olimpicos-londres-2012/5968557/

ANDAINA POLO TERRÓN

Esta mañá o alumnado de segundo realizou unha andaina polo Terrón para gozar dunha preciosa paisaxe de costa. Ademais, observaron os diferentes elementos naturais e artificiais da contorna (praias, porto, faro...). A continuación, amosámosvos algúns momentos da mañá:

ACTIVIDADE DE VELA

Continuando coas actividades deportivas e dentro do programa XOGADE, esta mañá o alumnado de terceiro gozou dunha xornada de vela no Real Club Náutico de Sanxenxo. Podedes ver unha mostra a continuación:

 

SAÍDA AO RIAL

Co motivo do proxecto de centro sobre os Xogos Olímpicos realizaremos numerosas actividades relacionadas co deporte. Hoxe o alumnado de quinto e sexto curso estivo no Club de Tenis do Rial xogando tanto ao tenis como ao pádel.

A NOSA VILA

O venres, o alumnado de primeiro realizou unha saída pola contorna, xa que están a traballar a nosa vila na aula. Visitaron a Torre do Cálago, o centro de saúde, a Casa Museo de Valle Inclán, o porto, a Biblioteca Municipal, o concello e a Policía Local. Na seguinte imaxe podedes ver unha mostra:

DÍA MUNDIAL DA PARÁLISE CEREBRAL

O 5 de outubro celébrase o Día Mundial da Parálise Cerebral. O alumnado de terceiro compartiu unha xornada de convivencia cos nenos/as do CEE Princesa Letizia. Fixeron unha morea de actividades: ensináronlles o noso colexio, xogaron no patio, merendaron xuntos, representaron a obra "Paco Papán", pintaron uns cadros coas iniciais deste día e regaláronlles uns marcapáxinas. Aquí podedes ver unha mostra dalgúns momentos da mañá:

PROBAS CAMBRIDGE

O venres pasado realizouse a entrega de diplomas ao alumnado que se presentou ás probas de inglés de Cambridge, xa que somos centro colaborador. Estamos orgullosísimos co resultado, xa que foi moi positivo!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut