Skip to Content

SERIES MUNDIAIS DE TRIATLÓN

Máis "citius, altius e fortius" ca nunca! Comezamos o curso con eventos deportivos.

Animádevos a visitar Pontevedra os días 22,23 e 24 de setembro coa final das Series Mundiais de Triatlón!

 



MERENDAS

Este curso temos como novidade un calendario de merendas que será implantado tanto en infantil coma en primaria. O obxectivo é concienciar ao alumnado da importancia dunha alimentación saudable así coma do coidado do medio ambiente.

NOVO CURSO E NOVO PROXECTO

Onte demos comezo ao curso escolar 2023/2024 no que traballaremos como proxecto de centro os Xogos Olímpicos. Ademais, o alumnado pasouno xenial saltando nos inchables! Non hai mellor comezo que unha boa festa. Podedes ver unha mostra na seguinte imaxe:

DOCUMENTACIÓN ANPA

Achegamos a documentación para inscribirse na ANPA para o ano 2023-2024

PROXECTO FINAL

Para rematar o noso proxecto do cine, elaboramos un vídeo que recolle todas as actividades vinculadas ao proxecto que realizamos este ano.
Disfrutade das merecidas vacacións.
Vémonos en setembro!
 
 
 

APADRIÑAMENTO LECTOR

O alumnado de 2º da ESO do IES a Basella visitou o noso colexio para lerlle uns contiños aos nosos nenos e nenas. Resultou ser unha actividade moi entretida e seguro que a repetiremos pronto!!

 

           

LETRAS GALEGAS

Coincidindo coa semana das Letras Galegas o Xulio Camba publica o seu libro titulado "Unha aventura de cine". Dende os máis cativos ata os maiores, todos e todas participaron neste conto que amosa as aventuras de Don Mexillón.

Esperamos que disfrutedes tanto coma nós durante a produción do mesmo!!

"O TESOURO Á BEIRA DO MAR"

O alumnado de terceiro de Educación Primaria investigou sobre a Torre de Cálogo e elaborou este vídeo titulado "O tesouro á beira do mar". Con este vídeo participaron na convocatoria de Somos Rural: 1º Concurso Audiovisual.

Distribuir contido


by Dr. Radut