Skip to Content

MIGALLAS

No Xulio Camba gústanos cantar e bailar!!

O alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria disfrutaron este luns dunha actuación de Migallas moi entretida.

  

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

A Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas 2022 ao escritor Florencio M. Delgado Gurriarán, pola súa contribución á defensa da nosa lingua e da nosa cultura.

No colexio elaboramos estos murais cun anaco do seu poema "A Señora Lúa"

MAIOS 2022

Pincha na imaxe para ver o vídeo

DÍA DO LIBRO

Os máis pequenos do colexio celebraron o Día do Libro elaborando uns marcapáxinas para empregar nas súas próximas lecturas.

 

Pincha na foto para ver o vídeo

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022-2023

Comunicámoslles que foron admitidas todas as solicitudes de admisión para o vindeiro curso.

A formalización da matrícula realizarase no mes de xuño. En canto teñamos instruccións informarémoslles.

 

TÍTERES: A XANELA DO MAXÍN

Como nos gusta pasalo ben!! Hoxe disfrutamos moito coa actuación de títeres A toupiña que quería saber... da Xanela do Maxín. 

 

 

Visita Científica

Hoxe tivemos unha visita especial en Ed. Infantil. Visitounos unha Científica para dar unhas charlas coincidindo coa conmemoración do 8M.

Gustounos moito a visita de Rula, unha bióloga que compartiu con nós o seu tempo explicándonos en que consiste o seu traballo e a importancia do mesmo. 

 

 

8M: Día Internacional da Muller

O alumnado de 5º curso de Ed. Primaria participou na lectura dun Manifesto polo 8M.  

INICIO SOLICITUDE DE ADMISIÓN CURSO 2022/2023

Comeza o prazo para presentar as solicitudes de admisión para o vindeiro curso escolar. Dito prazo abrangue do 1 ao 21 de marzo.

Poden recoller no centro o impreso de solicitude ou descargalo no adxunto. Entregarana no centro debidamente cumprimentada e coa seguinte documentación: fotocopia do libro de familia, fotocopia dos DNIs dos proxenitores e do/a alumno/a, se o tivera. O alumnado procedente doutro centro deberá achegar tamén o certificado de matrícula do centro no que este matriculado. 

 

O criterio complementario marcado polo centro no caso de baremación é:

- Irmáns no centro: 1 punto.

 

PRAZAS VACANTES NO CENTRO

CURSO VACANTES
4º EI 44 + 6NEAE
5º EI 4
6º EI 25
1º EP 9 + 6NEAE
2º EP 16
3º EP 16
4º EP 17
5º EP 16
6º EP 6

 

ADMISIÓN 1º ESO NO IES A BASELLA

Comunícannos do IES A Basella que non hai praza para todo o alumnado que presentou solicitude de reserva para 1º de ESO para o vindeiro curso.

No documento que adxuntamos recolle o procedemento a seguir.

Prazo para presentación de solicitudes de admisión: 1 ao 21 de marzo. 

Distribuir contido


by Dr. Radut