Skip to Content

DÍA DA PAZ

Hoxe 30 de xaneiro celebramos no cole o Día da Paz facendo un taller de colares, murais e xuntándonos para cantar e bailar a canción "De ellos aprendí" de David Rees.

  

 

(pincha nas últimas imaxes para ver o vídeo)

 

TALLER DE INSECTOS E OUTROS INVERTEBRADOS

Esta semana tivemos a sorte de facer un taller de insectos e outros invertebrados, onde puidemos ver e tocar distintos animais que son difíciles de atopar na nosa contorna. Falamos de insectos folla, insectos pau, cen pés, caracolas, tarántulas...

Aínda que parezan de mentira, son reais! O alumnado perdeu o medo e tocaron ata os máis espeluznantes!!

BO NADAL E FELIZ ANINOVO!!

 

(pincha na imaxe para ver o video)

EDUCACIÓN FÍSICA

(pincha na imaxe para ver todas as fotos)

DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Con motivo do Día das Persoas con Discapacidade, 3 de decembro, hoxe o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º acudiron ao auditorio de Vilanova de Arousa para escoitar unha charla de dous integrantes do corpo técnico da Fundación Celta integra: Alexandre Abalde como adestrador e Francisco Dían Fontenla como delegado e integrante do mesmo.

Nesta actividade, ademáis de pasalo en grande, fixéronnos reflexionar sobre os valores inherentes que transmite o equipo como son: a superación, o traballo en equipo, o compromiso, a axuda, o respecto e a inclusión.

Fai 7 anos, o Real Club Celta de Vigo foi un dos primeiros clubes a nivel nacional, que creou un equipo de persoas con discapacidade intelectual/diversidade funcional. Na actualidade son 44 equipos os que apostaron por esta iniciativa. Ogallá nun futuro máis equipos superen certas barreiras e den oportunidades ás persoas que buscan un oco na nosa sociedade. 

Alex e Fran esperamos veros de novo polo CEIP Plurilingüe Xulio Camba!!

 

"Diversidade é que te inviten a unha festa, inclusión é que te saquen a bailar"

25 N

(pulsa na imaxe para ver as fotos)

APADRIÑA UN LIBRO

Mercadillo solidario para expurgar os libros dados de baixa na biblioteca pero que ainda se poden ler e disfrutar na casa.

  

APADRIÑAMENTO LECTOR

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria leerán cada 15 días un libro aos máis cativos do centro, fomentando así a lectura dende pequenos.

Poden ver as imaxes visitando o seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipxuliocamba/galeria/thumbnails.php?album=65

Distribuir contido


by Dr. Radut