Dinamización Lingüística

APRENDENDO AS ARTICULACIÓNS

                                      

Na clase de 1º estamos a aprender as articulacións e como algunhas teñen uns nomes un pouco difíciles de recordar decidimos facer un pequeno baile que compartimos aquí convosco para que vexades que boa maneira de aprender o nome das articulacións e practicar o galego!

Pero… aínda temos que mellorar un pouquiño!!!

NÓS TAMÉN CREAMOS

NÓS TAMÉN CREAMOS

Os nenos/as de primeiro participaron no programa “Nós tamén creamos” do Plan Proxecta, que consiste na realización dunha curta.

Todos os alumnos escoitaron con atención os diferentes contos que o programa nos facilitou, elixindo entre todos aquel que máis lles gustou para a elaboración da curta.

Logo levaron a cabo a realización dos bocetos e personaxes en plastilina.

Fixeron o deseño da escenografía e a montaxe dos diferentes planos da filmación, gravaron as voces, a música e a curta, con diferentes programas informáticos.

Por último chegou o gran estreno mundial da nosa curta: “A MELLOR SOPA DO MUNDO”

Pulsa na imaxe para ver a nosa curta

OBRADOIRO DE REGUEIFAS

Que nome tan raro! Non tiñamos idea do que ía. Estaban na clase de 6º dous homes que dixeron chamarse Pinto d’Herbón e O Caruncho. Empezaron a tocar a zanfona e a cantar estrofas adicadas a todos e cada un da clase (Pocahontas, Romeo e Julieta, Ronaldinho…). Nós partiámonos de risa!!!

Logo explicáronnos o que son as regueifas. O nome ven dun “pan de voda” que para partilo e divertirse facían disputas verbais improvisadas e cantando uns regueifeiros contra outros.

A estrutura é a de copla: catro versos octosílabos que riman os pares e sempre coa mesma musicalidade.

Despois eles déronnos uns esquemas e todos nós fixemos regueifas: unhas colectivas e outras individuais.

 Dende logo aprendemos MOITO e pasámolo moi ben.

QUE NON SE PERDA ESTA TRADICIÓN!!!

 

Aquí podedes ver algúns vídeos: 

 

 

Distribuir contido