Dinamización Lingüística

DÍA DO PEÓN - MAGOSTO

O 11 de novembro (San Martiño) tivemos unha charla no colexio polo DÍA DO PEÓN. 

José Manuel, o profesor de 2º, ensinounos cousas interesantes sobre o peón: como se chaman as súas partes, a que xogos se xogaba con el, como se tiraba, como se recollía coa corda cando estaba bailando no chan e seguía bailando na man...

Tamén nos ensinou este refrán:

"Polo San Martiño

trompos ao camiño"

Logo no recreo todos xogamos cos nosos peóns que estaban decorados e pintados por nós. 

 Ese mesmo día, como fixo bo tempo, celebramos o magosto que é unha festa tradicional de Galicia.

 Mentras se asaban as castañas, nós xogamos a:

1. O baile da castaña: consiste en que dúas persoas bailen cunha castaña na fronte. 

2. Serpe da castaña: consiste en que os xogadores leven a súa  castaña  cos dedos polo camiño de serpe trazado no chan.

3. Carreira de Sacos: consiste en correr metido dentro dun saco e ao chegar ao final pasar o saco ao seguinte xogador do seu grupo. 

4. Castañas na culler: consiste en levar unha culler na boca cunha castaña. 

4. Encestar a castaña: consiste en encestar  castañas nunca caixa de cartón.


Mentres disfrutabamos cos xogos, José Manuel o conserxe, o profe Rafa e algunhas nais da ANPA asaron as castañas.


Cando rematamos os xogos sentámonos a comelas. Estaban boísimas!!!!

Foi un día estupendo e pasámolo xenial!!!!Sorriso

Para ver máis fotos do peón  e do magosto.

 

 

XOGAMOS COAS VOCES

 

A través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello chegou ao noso cole a actividade lúdico educativa Dobraxe na escola coa finalidade de coñecer o mundo da dobraxe e ao mesmo tempo contribuír a mellorar a nosa competencia oral en lingua galega.

 

 

Primeiro, os actores e dobradores, Manuel Pombal e Suso Pando, fixeron un xogo dramático para mostrarnos os pasos da elaboración dunha película, dende a creación do guión ata a súa dobraxe.

 

 

Logo como auténticos dobradores puxemos a nosa voz ás personaxes da serie de debuxos animados "Bob Esponxa" Aprendemos a encaixar as propias voces nas bocas dos personaxes e creamos a nosa propia versión da serie.

 

 

Foi moi divertido. Que ben o pasamos!!!!!

DÍA DE ROSALÍA

       
     

O pasado 24 de febreiro, coincidindo coa celebración do Día de Rosalía de Castro, recibimos no noso cole a visita dos nenos e nenas de 5 anos da EEI Monte da Guía.

Pasamos un rato moi agradable coñecendo mellor a nosa autora máis coñecida.

 
 

 

 

   

Nós, preparamos dous poemas e unha pequena historia da súa vida e eles, un conto que falaba da vida e das obras máis importantes. Estes son os vídeos:

RECITADO

HISTORIA

 
 
     

Ademais ao rematar o acto, intercambiamos agasallos.

Elaboramos uns marcapáxinas aos que lles engadimos unha flor e  eles agasalláronnos cuns broches moooi bonitos.

Moitas grazas por visitarnos. Esperámosvos o ano que vén!!!

 
Distribuir contido