Dinamización Lingüística

MAIOS

   

   
   

Chegou o mes de maio e no colexio, como sempre coa axuda

do ANPA comezamos a preparar o noso Maio

para pór na rúa.

   

 

Pero aos de quinto este ano tocábanos ir axudar aos de infantil a facer o seu.

Inventamos unhas coplas e coa axuda de Dona Esther puxémoslle música.

 

   

O día 11 subimos ao Monte da Guía,

o seu maio ía  adicado ás abellas.

Dividíronnos en tres grupos, nós eramos

os maiores e axudabámoslle aos pequenos de infantil.

Un grupo recortou flores de plástico, pegándolle

no centro uns tapóns para logo ensartalas en tiras.

Outro grupo encargouse de cortar as flores dos

pampullos para cubrir unha abella e o terceiro

grupo elaborou con tapóns de cortiza unhas

abelliñas que se pintaron de amarelo con raias

negras, uns ollos de chinchetas e ás de celofán.

   

 

Logo uniuse todo o traballo montando o maio, quedou moi xeitosiño adornado coas flores,

coa abella grande enriba e as outras abelliñas revoloteando.

Despois de xogarmos un montón cos nenos de infantil, cantámoslle as coplas que levabamos ensaiado.

 

 

Pasámolo xenial!!!!

Máis imaxes na GALERÍA DE FOTOS

DÍA DE ROSALÍA

Estas semanas, co gallo do Día de Rosalía que se conmemora o 24 de febreiro, no noso colexio dedicamos varias sesións a traballar a vida e a obra desta gran poetisa e novelista galega.
 Preme enriba dos puntos que conforman as iniciáis do seu nome e descubrirás moitas cousas sobre ela...


Qué haberá???  SORPRESAAAA!!!

 

SAMAÍN

Berrando e alborotando,

chegou á nosa festa

a superbruxa Vaimaspaghar,

cargada de enerxía

para aos malos espíritos

espantar!!!

Co seu cullerón

remexendo no pote,

recitou o seu conxuro

facendo teatro puro!!!

 

 E nós, que non iamos ser menos, contaxiados dos seus medos tamén recitamos os nosos,

algúns un pouco serios e outros máis graciosos!!!

     
 

  Nun escenario presidido pola Maga Fedorenta,

bailamos ao son da música de terror

todos xuntos con ledicia e bo humor!!!

A Maga Fedorenta,

arrodeada das nosas cabazas

tan lindas e cheas de imaxinación,

víase fermosa e molaba un montón!!!

Grazas ás familias pola súa colaboración e de maneira especial ás nais da ANPA

que sempre están aí botándonos unha man; unha non, centos de mans para argallar,

decorar, animar e incluso para darnos de merendar!!! VIVA O SAMAAAÍNNNN!!!

O ANO QUE VEN HAINO QUE REPETIR.

PIRIM,  PIM,  PIM!!!

Máis fotografías nos enlaces á nosa galería de fotos.

DECORACIÓN CABAZAS

FESTA DO SAMAIN

Distribuir contido