Dinamización Lingüística

OBRADOIRO DE REGUEIFAS

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo oferta actividades para escolares a realizar nos propios centros de ensino.

Este é o caso deste OBRADOIRO DE REGUEIFAS que se celebrou no noso centro para o alumnado de 5º e 6º. Foi un achegamento a improvisación oral, ao ritmo, rima, aos xogos de palabras... a través da regueifa da man de Luis O Caruncho e Pinto de Herbón.

Podemos atopar máis información, sobre a realización deste obradoiro, entrando no seguinte enlace do blog GALEGUEAMOS???

Mes da oralidade

 
Título Mes da oralidade

Este mes celebramos o mes da oralidade na escola do Cep Santa Tegra de Teis.
Con esta iniciativa pretendemos
fomentar a tradición oral, o acto de contar contos, refráns e adviñas,
recitados, poesías..., en definitiva o acto de "contar en lingua galega"
como un medio de transmisión non só de coñecementos, senón tamén co
obxectivo de fomentar a actitude de escoita.

Dende o Equipo de Normalización Lingüística e, en vista do éxito das iniciativas anteriores: "Lecturas pola Paz" e "Semana do Comic", organizamos "Lecturas pola oralidade", polo que durante todo o mes
estará exposta, na entrada da escola, unha mesa xigante con libros de
contos, adiviñas, recitados, poesía... para ler na hora do
recreo ou ben nas horas de biblioteca pola tarde.

E para que vexades que tamén é posible traballar na web a oralidade, aquí tedes un enlace para escoitar todo tipo de recitados.

Imaxe ORELLA PENDELLA
   

EXPOSICIÓN DO AGRO

 
Título

 O Equipo de Normalización Lingüística organizou unha nova exposición, esta vez sobre "Aparellos de labranza".

O agro, a gandería e o mundo do viño forman parte da cultura e da historia da nosa comunidade.

Esta exposición tiña a intención de achegar ao alumnado un anaco da nosa realidade económica e cultural. Descubrirlles o que son as fouces, fouciños, sachos, angazos, unha peneira, billa, prensa ou unha canga... era o noso obxectivo.

Agradecemos a todas as familias, a toda a comunidade escolar e como non, a José Manuel, pola colaboración e axuda para sacar adiante este proxecto.

 Mosaico de fotos
Distribuir contido