Dinamización Lingüística

Recitando a Rosalía

RECITANDO A ROSALÍA

Neste ano no que se celebra o 150 aniversario da publicación en Vigo de "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro, dende o colexio quixemos homenaxear á autora recitando poemas do libro. Así cada clase escolleu un e preparouno para recitalo. Os recitados foron recollidos nos vídeos que se publican nos seguintes enlaces:

1º: "Vente rapasa

2º: "Eu ben vin estar o moucho"

3º: "Un repoludo gaiteiro"

4º: "Aí tes meu corazón"

5º: "Has de cantar"

6º: "Castellanos de Castilla"

AR3º: "Nosa señora da Barca"

Día de Rosalía

No noso cole celebramos o “Día de Rosalía” conmemorando a data do nacemento da poetisa Rosalía de Castro, 24 de febreiro de 1837.

Nos días previos, realizamos diversas actividades en homenaxe á autora que culminaron co acto "Andares galegos”, unha convivencia do alumnado de 1º, 2º e 3º do noso centro co de 5 anos da EEI Monte da Guía.

Reunímonos na nosa biblioteca e vimos un pequeno vídeo biográfico da autora realizado polo EDL do centro. As imaxes eran preciosas, con debuxos que representaban a vida de Rosalía, prados verdes, paxariños piadores, flores fermosas, regatos pequenos, ... e outros elementos da paisaxe galega aos que lle cantaba con tanto amor e paixón.

As imaxes, publicadas no libro "Rosalía" editado pola Fundación Rosalía de Castro, son de Ánxeles Ferrer e foron escaneadas con fins educativos e sen ánimo de lucro para utilizar no vídeo. O texto está inspirado na información recollida no mencionado libro.

 

 Despois dun breve coloquio sobre a súa vida e obra, recitamos e escenificamos poemas da obra “Cantares Gallegos”, xa que este ano é o 150 aniversario da súa publicación, que tivo lugar aquí na nosa cidade, Vigo, o 17 de maio de 1863.

Dos beizos do noso alumnado saíron, con moito sentimento, versos dos poemas:

Un repoludo gaiteiro

Campanas de Bastabales

Como chove miudiño

Castellanos de Castilla

Eu ben vin estar o moucho

Vente rapasa... 

Por suposto, non podía faltar "Adiós ríos, adiós fontes" recitado polo alumnado de 5 anos da EEI Monte da Guía. Daba gusto escoitalos e velos coas súas maletas que simbolizaban a despedida dos emigrantes que tiñan que abandonar a súa terra.


Por último, e para recordar este día, recibimos uns agasallos: unha piruleta e un marcapáxinas conmemorativo confeccionado no centro polo Equipo de 1º ciclo, coa imaxe da escritora e uns versos de Adiós ríos, adiós fontes.

Tamén os pequenos nos trouxeron un papiro coas estrofas deste poema escritas por eles mesmos e adornados cunha flor e un laciño coas cores da nosa bandeira galega.

Que acto tan sinxelo e emotivo!

LUDOTECAS LINGÜÍSTICAS

Dende o Servizo de Normalización Lingüística do Concello, chegounos esta actividade coa que, ademais de pasalo xenial, aprendemos a desenvolvernos un pouco mellor na nosa lingua.


Con moita atención escoitamos aos monitores. Dixeron que ao parecer un virus estaba atacando a nosa fala o que provocaba nos nenos síntomas que dificultaban o poder expresarnos con corrección en galego.
Para  comprobar que non temos o virus, tivemos que formar tres equipos, superar varias probas e demostrar que temos unha resistencia física e lingüística excelente.  
 
   
 

Máis fotos na nosa GALERÍA

Distribuir contido