Skip to Content

PLAN PROXECTA: 365 DIAS DE IGUALDADE

Dentro das actividades do Plan Proxecta, da Consellería de Educación, o noso centro participou no programa "365 días de Igualdade". Traballáronse materias nas titorías de 1º a 4º da ESO sobre a posición da muller na sociedade, no mundo laboral e os estereotipos que aínda está a sofrer, así como sobre a violencia de xénero. Aquí podedes ver os materiais, baseados en "Fíos Violeta" e "Cartas de Amor", da Secretaría Xeral de Igualdade.

1º DE ESO: MULLER E SOCIEDADE

 

 

 

2º DE ESO: ESTEREOTIPOS DE XÉNERO

 

 

 

 

3º DE ESO: A MULLER E O MUNDO LABORAL

 

 

 

CARTAS DE AMOR (1º ESO)

 

 

 

 

CARTAS DE AMOR (3º ESO)

 

 

Tamén en 2º  de ESO fixemos actividades de creación de textos cos lemas: "o meu príncipe azul é..." e "a miña princesa é..." e proxectouse o documental "mía sí, de otro no" con posteriores debates.

En 3º proxectouse o mesmo documental así como imaxes da situación laboral da muller no 3º mundo. Tamén se fixo un traballo creativo a través da elaboración de debuxos co lema "Que é ser un home e que é ser unha muller.

O alumnado de Plástica de 4º realizou unha serie de traballos sobre a violencia de xénero que podedes ver nesta proxección. Foi utilizada durante a interpretación no festival de fin de curso da canción " Si j´etais un homme", de Diane Tell, a cargo da Profesora de Plástica, como reflexión e repulsa da situación na que aínda vivimos no relativo a este tipo de violencia.

 

 

 

Tamén foi realizado un taller sobre violencia de xénero co alumnado de 4º a cargo de técnicos da Secretaría Xeral de Igualdade, cunha duración de catro horas, tralo que foron realizados dous vídeos por parte do alumnado:

 



story | by Dr. Radut