Skip to Content

Inglés

ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA COMEZA O DIGITALWEEK

No día de hoxe iniciaron a estancia no Centro Xuvenil "As Mariñas" de Bergondo o grupo de 23 alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria participantes no programa DIGITALWEEK, programa gratuíto de inmersión lingüística en lingua inglesa a través de actividades dixitais.

O inicio da actividade tivo lugar con total normalidade ás 18:30 horas, a onde chegaron acompañados pola profesora de Inglés Nuria Combo, coordinadora do programa no CPI.

A estancia, realizada completamnte en Inglés, durará unha semana tendo a saída o vindeiro sábado 15 de outubro.

Desexámolles unha boa e productiva semana na actividade.

Distribuir contido


by Dr. Radut