Skip to Content

5º Primaria

REUNIÓN EDIXGAL FAMILIAS DE 5º DE PRIMARIA

Con motivo da incorporación dos seus fillos/as ao Programa Edixgal no que participa o centro, convócase ás familias de 5º de Primaria a unha reunión presencial no patio de entrada do colexio, para o mércores día 8 de setembro ás 17:00 horas.

A reunión realizarase coas medidas de seguridade e hixiene establecidas polo protocolo da COVID-19 e só poderá asistir un dos proxenitores.

Neste reunión informaráselle de todo o relativo ao programa e resolveranse dúbidas.

5º DE PRIMARIA VISITA METEOGALICIA

Onte mércores, día 9 de xaneiro, o alumando de 5º de Educación Primaria visitaron durante a mañá as instalacións de Meteogalicia.

Durante a visita, na que contaron con explicacións detalladas do persoal do centro meteorolóxico, asisitiron ao lanzamento dun globo sonda, que finalmente caeu na provincia de pontevedra. Logo visitaron as instalacións: pantallas con mapas e a emisión dunha información meteorolóxica pola radio, video presentación sobre o tempo e o clima, e finalmente una presentación sobre os instrumentos de medición meteorolóxica.

A visita foi todo un éxito, axudado polo bo comportamento do alumnado en todo momento, nunhas instalacións e actividadades que así o demandan.

A continuación incluimos uns enlaces ás fotos e ao twitter de Meteogalicia onde sae a nova da nosa visita.

Ver fotos

Ver twitter Meteogalicia

Distribuir contido


by Dr. Radut