Skip to Content

Inglés, 1º Primaria, 2º Primaria, 3º Primaria, 4º Primaria, 5º Primaria, 6º Primaria

AVISO PARA AS FAMILIAS DE 2º DE PRIMARIA

2º PRIMARIA - AVISO IMPORTANTE

As titoras de 2º de Primaria, recomendan que se traian ao centro os materiais do curso antes do primeiro día en horario de mañá, deixandoo en conserxería, para facilitar a incorporación sen vir tan cargados.

REUNIÓN TITORÍA FAMILIAS 1º PRIMARIA

AVISO PARA AS FAMILIAS de 1º de Primaria: Convócase con urxencia unha reunión coas profesoras do 1º curso de Primaria para este vindeiro MARTES DÍA 8 DE SETEMBRO ÁS 10 HORAS. Debido á actual situación realizarase baixo as seguintes premisas:

  • SÓ PODERÁ ASISTIR UN DOS PROXENITORES.
  • REALIZARASE NO PATIO CUBERTO DA ENTRADA.
  • DEBERÁN VIR CON MÁSCARA E GARDAR A DISTANCIA DE SEGURIDADE.
  • NON TRAER OS NENOS.

Agradecemos a colaboración.

Grazas.

TAREFAS DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL - 1º PRIMARIA

ACTIVIDADES 4º PRIMARIA - ESTADO DE ALARMA

- As mestras de 4º a partires do luns 23 están en comunicación cos nenos a través de classroom. Dende esta ferramenta poderán propoñer actividades e dar indicacións do que hai que traballar cada día. O alumnado debe de acceder co seu usuario e contrasinal que xa teñen anotados nas axendas persoais. De non ter eses datos poñerse en contacto coas mestras a través de class dojo ou ben chamando ao colexio.
- En breve, os nenos, recibirán instrucións para acceder aos libros dixitais.
- Os nenos e nenas que non teñan posibilidade de conexión a internet diariamente, teñen a opción de repasar contidos coas fichas que se adxuntan.
 

NOVAS INSTRUCIÓN E TAREFAS 1º PRIMARIA - ALARMA SANITARIA

VIAXE A MADRID - 6º PRIMARIA 2018

No seguinte enlace podedes ver as fotos da viaxe fin de etapa realizada polo alumnado de 6º de Primaria a Madrid. Na mesma estiveron acompañados polas súas profesoras Nuria, Fiorella e Conchi.

Ver fotos: https://photos.app.goo.gl/kDIiKuONDKwDcq2c2 

 

ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA COMEZA O DIGITALWEEK

No día de hoxe iniciaron a estancia no Centro Xuvenil "As Mariñas" de Bergondo o grupo de 23 alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria participantes no programa DIGITALWEEK, programa gratuíto de inmersión lingüística en lingua inglesa a través de actividades dixitais.

O inicio da actividade tivo lugar con total normalidade ás 18:30 horas, a onde chegaron acompañados pola profesora de Inglés Nuria Combo, coordinadora do programa no CPI.

A estancia, realizada completamnte en Inglés, durará unha semana tendo a saída o vindeiro sábado 15 de outubro.

Desexámolles unha boa e productiva semana na actividade.

REUNIÓN EDIXGAL FAMILIAS DE 5º DE PRIMARIA

Con motivo da incorporación dos seus fillos/as ao Programa Edixgal no que participa o centro, convócase ás familias de 5º de Primaria a unha reunión presencial no patio de entrada do colexio, para o mércores día 8 de setembro ás 17:00 horas.

A reunión realizarase coas medidas de seguridade e hixiene establecidas polo protocolo da COVID-19 e só poderá asistir un dos proxenitores.

Neste reunión informaráselle de todo o relativo ao programa e resolveranse dúbidas.

REUNIÓNS PRESENCIAIS FAMILIAS DE 1º/2º/6ºA DE PRIMARIA

Este mércores día 8 de setembro haberá unhas reunións presenciais no patio da entrada do colexio coas familias de 1º/2º/6ºA de Primaria convocadas polos titores/as.

Realizaranse coas medidas de seguridade e hixiene do Protocolo COVID-19 e solo poderá asistir un dos proxenitores

MÉRCORES DÍA 8 DE SETEMBRO:

  • 09:30 - 2ºB de Primaria
  • 11:00 - 1º de Primaria
  • 12:30 - 2ºA de Primaria
  • 18:00 - 6ºA de Primaria

 

ALUMNADO DE 6º PREMIADO NO CONCURSO #ApuntasTech?

Un grupo de alumn@s de 6º de Primaria deste CPI acadou o 1º Premio no concurso #ApuntasTech? convocado pola Secretaría Xeral de Igualdade, o centro de Supercomputación de Galicia e o Colexio de Enxeñaría Informática de Galicia. O obxectivo principal do concurso é xenerar un catálogo de propostas concretas que axuden a despertar entusiasmo pola tecnoloxía e alenten as vocacións tecnolóxicas temperás, principalmente entre as nenas entre 10 e 15 anos. E tamén promociuonar o bo uso das tencoloxías da información e comunicación.

Por outro lado a súa profesora Yolanda Neira acadou tamén un accesit no mesmo concurso nos premios a nivel de centros educativos.

Os premios foron entregados o día 25 de abril con motivo da celebración do Día das Rapazas nas TIC, e o alumnado coñeceu o fallo mediante a participación nun debate en streaming co CESGA.

Noraboa aos premiados.

Enlace noticia

Enlace fallo xurado

Fotos

 

Distribuir contido


by Dr. Radut