Skip to Content

Comedor

SOLICITUDE SERVIZOS DE COMEDOR E TRANSPORTE - CURSO 2024/25

SOLICITUDE SERVIZOS DE COMEDOR E TRANSPORTE - 2024/25

Todo o alumnado actual do centro debe facer a solicitude dos servizos de comedor e transporte para o vindeiro curso 2024/25.

Nesta semana enviamos o impreso da solicitude polo alumnado e deberá ser cuberto e remitido antes do 24 de maio de 2024Debe entregarse en secretaría directamente ou a través dos/as titores/as dos grupos.

O impreso tamén está dispoñible no fondo desta nova, como formulario autocompletable e imprimible, por se perderan o remitido polos nenos/as. O impreso debe remitirse asinado en papel ou por correo electrónico con sinatura dixital.

Para calquera dúbida poden poñerse en contacto co centro nos teléfonos habituais ou por correo electrónico.

VER IMPRESO 

 

MENÚS COMEDOR ESCOLAR

   CURSO 2023-2024  
SETEMBRO 2023 FEBREIRO 2024 
OUTUBRO 2023        MARZO 2024       
 NOVEMBRO 2023 ABRIL 2024 
 DECEMBRO 2023 MAIO 2024 
 XANEIRO 2024  

PRECÍSANSE COLABORADORES DE COMEDOR

Aínda está aberto o prazo para inscribirse como colaboradores de comedor, para poder completar os necesarios para a atención de todo o alumnado.

 Ver anuncio 

ADMITIDOS TODOS OS USUARIOS DE COMEDOR ESCOLAR

Como xa anunciamos no mes de xullo, todo o alumnado solicitante de comedor escolar para o curso 2023/2024 está admitido logo da ampliación de prazas na quenda de Secundaria.

LISTAXES USUARIOS COMEDOR ESCOLAR_CURSO 2023-24

Comunicamos que están publicadas nos taboleiros do centro as LISTAXES DE USUARIOS DE COMEDOR ESCOLAR, ADMITIDOS E EN LISTAXE DE ESPERA, para o curso 2023-2024

Na quenda de Infantil e Primaria están todos os usuarios admitidos.

Na quenda de Secundaria hai 5 alumnos/as que quedan en lista de espera, todos eles novo alumnado. Como todos os anos está solicitada a ampliación das prazas necesarias para dar servizo tamén a todos os da listaxe de espera. Esta ampliación non se resolverá ata setembro, pero contamos con ela. Todos os afectados serán avisados telefónicamente.

Para calquera dúbida poden consultar coa Dirección e Secrataría do centro nos teléfonos habituais.

AVISOS IMPORTANTES COMEDOR ESCOLAR 2023-2024

→Está aberto o prazo para inscribirse como colaboradores de comedor ata o 8 de setembro

Ver anuncio 

→Durante este mes de xullo, publicarase a listaxe de alumnado admitido e listaxe de reserva (de ser o caso) como usuario do Comedor Escolar, ordeado segundo os criterios establecidos pola Instrucción 2/2023 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, F.P. e Universidades do 1 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa, no curso 2023-2024.

Todos os admitidos deberán presentar o impreso de autodeclaración como xa se indicou no aviso anterior.

URXENTE: PRESENTACION AUTODECLARACIÓN DE COMEDOR ESCOLAR

Acaban de ser publicadas as instrucións de comedor escolar para o vindeiro curso, polo que se abre o prazo para a presentación do impreso de AUTODECLARACIÓN para o cálculo dos prezos públicos de pagamento do servizo de comedor escolar para o curso 2023-24.

O impresos atópanse dispoñibles na secretaría do centro ou poden descargarse no enlace que figura ao pe nesta nova.

Deberá ser presentado durante este mes de xullo, na secretaría do centro.

IMPRESO AUTOCOMPLETABLE E PARA DESCARGAR 

INSTRUCIÓN 2/2023 DA SECRETARÍA XERAL.

COMEDOR ESCOLAR

LEXISLACIÓN DOCUMENTOS

INSTRUCIÓN 2/2023 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, do 1 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2023-2024 

 

DECRETO 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da consellería con competencias en materia de educación.

 

ORDE do 21 de febreiro de 2007 pola que se regula a organización, funcionamento e xestión do servizo de comedor escolar nos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

 

PROCESO DE PAGAMENTO DO COMEDOR ESCOLAR - INSTRUCIÓNS

Todas as persoas usuarias do comedor escolar ás que lle corresponde pagar algún dos prezos públicos segundo a Instrución 2/2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, do 16 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2020-21, deben facer o pago nos primeiros vinte días do mes seguinte. As formas de pagamento poden ser as seguintes:

Nas entidades bancarias autorizadas pola Consellería de Facenda: o centro entregará aos usuarios/as os impresos de pagamento; os suxeitos pagadores unha vez feito o ingreso nas entidades autorizadas, deberán entregar no centro, os xustificantes para “a administración”, debidamente validados polas entidades bancarias de depósito.

A través do Espazo Abalar: os impresos estarán dispoñibles directamente para os usuarios do Espazo Abalar sen necesidade de obtelos a través do centro. O pagamento por esta vía é comunicado automaticamente á aplicación COMEDORES, polo que non terán que presentar xustificante no centro.

A través da Oficina Virtual Tributaria: as persoas interesadas poderán utilizar a oficina virtual tributaria para realizar os pagamentos de xeito telemático. Os suxeitos que opten por esta vía deberán presentar no centro, nos 20 días primeiros de cada mes, os xustificantes de pagamento correspondente. Dispoñedes do manual de pago a continuación.

Manual Pago Telemático Taxas Comedor.

Enlace á páxina de pagamento (OVT).

Video titorial para pagamento por Espazo Abalar

LISTAXE DEFINITIVA DE NOVOS USUARIOS DE COMEDOR ESCOLAR - CURSO 2020/21

Publicamos as listaxes DEFINITIVAS de novos usuarios de COMEDOR ESCOLAR para o vindeiro curso 2020/21, aprobadas polo Consello Escolar do centro, na reunión do día 18 de agosto de 2020.

ESTÁN EXPOSTAS NOS TABOLEIROS DO CENTRO

NOTA IMPORTANTE: O alumnado non admitido (un total de 9) queda en LISTA DE ESPERA, en previsión de posibles baixas de usuarios.

O alumnado que foi usuario no curso anterior, e o solicitou de novo, xa está admitido.

Para calquera dúbida poden poñerse en contacto co centro: 881867015-696454033.

AVISOS IMPORTANTES: 

  1. Segundo a Instrución da SXT, os usuarios/as do servizo de comedor escolar que durante o prazo dun mes de xeito continuado non fagan uso do citado servizo coa frecuencia solicitada, causarán automaticamente baixa no servizo, agás causas debidamente xustificadas polos usuarios/as ante a dirección do respectivo centro educativo.
  2. A listaxe de admitidos pode verse afectada por novas medidas que adopte a Consellería en función da evolución da pandemia da COVID-19 que poidan reducir o aforo do comedor ou modificar as condicións do servizo.
Distribuir contido


by Dr. Radut