Skip to Content

Novas

CONCURSO DE PINTURA INFANTIL DA CAMELIA

O Concello de Vedra convoca o 21º CONCURSO DE PINTURA INFANTIL DA CAMELIA para alumnado de 3 a 12 anos. O prazo de presentación de traballos remata o 5 de marzo.

Ver Cartel Bases do Concurso

SOLICITAMOS AXUDA DAS FAMILIAS PARA CELEBRAR O SAMAWEEN (Samain e Halloween)

Como non podemos celebrar o Samaín como quixeramos, no documento adxunto solicitamos axuda ás familias de INFANTIL E PRIMARIA para celebrar dun xeito especial co alumnado esta festa de outono, a que imos chamar SAMAWEEN = Samaín + Halloween.

 CARTA AS FAMILIAS

VIAXE A MADRID - 6º PRIMARIA 2018

No seguinte enlace podedes ver as fotos da viaxe fin de etapa realizada polo alumnado de 6º de Primaria a Madrid. Na mesma estiveron acompañados polas súas profesoras Nuria, Fiorella e Conchi.

Ver fotos: https://photos.app.goo.gl/kDIiKuONDKwDcq2c2 

 

APOIO MASIVO Á FOLGA DAS MULLERES NO CPI DE VEDRA

A FOLGA DAS MULLERES, no día 8 de marzo, tivo un alto seguimento no CPI Plurilingüe de Vedra. O 75% das mulleres traballadoras do centro apioaron a folga en algunha das dúas modalidades, 24 horas ou paro de dúas horas.

A ausencia do alumnado estivo arredor do 58 %, aínda que en Secundaria acadou o 75%.

MODELO AUTORIZACIÓN INMERSIÓN LINGÜISTICA (2º ESO

Revista Fiadeiro

Hoxe inicia a súa andaina Fiadeiro, a revista escolar do CPI Plurilingüe de Vedra, unha publicación dixital que rexurde na rede após tres anos dende o último número da revista en papel, que funcionaba como unha especie de anuario do colexio. A nova revista volve coa vocación de ser unha canle de comunicación para toda a comunidade educativa, un foco para a difusión da cultura e un patio para o entretemento, a brincadeira e a prendizaxe.

 

Aquí podedes ler o texto de presentación: Presentación da revista Fiadeiro, ou podedes entrar directamente á revista e ler os primeiros artigos, entrevistas e podcast que fixo o noso alumnado: Revista Fiadeiro.

CAMPAMENTOS DE VERÁN DO CONCELLO DE VEDRA

O Concello de Vedra convoca os Campamentos de verán 2021.

DATAS: do 23 ao 30 de xuño.

LUGAR: O albergue xuvenil Area (Viveiro)

PRAZO DE PREINSCRICIÓN: Aberto do 2 ao 7 de xuño a través da web municipal.

MÁIS INFORMACIÓN NESTE ENDEREZO:

https://www.concellodevedra.es/gl/content/campamentos-de-ver%C3%A1n-2021

 

SCAPE FEMINISTA ORGANIZADO POLO CONCELLO DE VEDRA

 O concello de Vedra organiza un Scape Feminista con motivo do Día da Muller do vindeiro 8 de marzo e no que poden participar nenas e nenos de 11, 12, 13,14,15 e 16 anos. 

 

O Concello de Vedra quere convidarte a participar da actividade de Scape Feminista do sábado 13 de marzo, que se organiza en torno ao Día da Muller.  Para participar da mesma é preciso inscrición previa a través de formulario compartido na páxina web municipal: www.concellodevedra.com

O plazo de inscrición abre o luns 1 de marzo ás 10 horas ata cubrir as prazas. Para dúdidas ou consultas chama ao 981814691 en horario de mañá. Agardamos a túa participación”.

 

Enlace ao cartel da actividade.

 

ALUMNADO DE 6º PREMIADO NO CONCURSO #ApuntasTech?

Un grupo de alumn@s de 6º de Primaria deste CPI acadou o 1º Premio no concurso #ApuntasTech? convocado pola Secretaría Xeral de Igualdade, o centro de Supercomputación de Galicia e o Colexio de Enxeñaría Informática de Galicia. O obxectivo principal do concurso é xenerar un catálogo de propostas concretas que axuden a despertar entusiasmo pola tecnoloxía e alenten as vocacións tecnolóxicas temperás, principalmente entre as nenas entre 10 e 15 anos. E tamén promociuonar o bo uso das tencoloxías da información e comunicación.

Por outro lado a súa profesora Yolanda Neira acadou tamén un accesit no mesmo concurso nos premios a nivel de centros educativos.

Os premios foron entregados o día 25 de abril con motivo da celebración do Día das Rapazas nas TIC, e o alumnado coñeceu o fallo mediante a participación nun debate en streaming co CESGA.

Noraboa aos premiados.

Enlace noticia

Enlace fallo xurado

Fotos

 

ANTIGA ALUMNA DO CPI DE VEDRA INAUGURA LIBRERÍA

A ex-alumna deste centro, Tania Seoane, inaugura hoxe unha librería especializada en manga na vila de Ribeira. Desde o CPI de Vedra desexámoslle moitos éxitos nesta andaina.

Ver noticia no xornal El Correo Gallego.

Distribuir contido


by Dr. Radut