Skip to Content

Revista Fiadeiro

Hoxe inicia a súa andaina Fiadeiro, a revista escolar do CPI Plurilingüe de Vedra, unha publicación dixital que rexurde na rede após tres anos dende o último número da revista en papel, que funcionaba como unha especie de anuario do colexio. A nova revista volve coa vocación de ser unha canle de comunicación para toda a comunidade educativa, un foco para a difusión da cultura e un patio para o entretemento, a brincadeira e a prendizaxe.

 

Aquí podedes ler o texto de presentación: Presentación da revista Fiadeiro, ou podedes entrar directamente á revista e ler os primeiros artigos, entrevistas e podcast que fixo o noso alumnado: Revista Fiadeiro.



story | by Dr. Radut