Skip to Content

Consello escolar

VOTACIÓNS E CANDIDATURAS APROBADAS SECTOR DE PAIS.

No documento adxunto lembramos a votación de renovación dos representantes no Consello Escolar do sector de nais e pais, o vinderio martes día 29 de 14:00 a 18:00 horas. Tamén comunicamos os candidatos/as proclamados pola Xunta Electoral.

Ver comunicado 

ANUNCIO SORTEO XUNTA ELECTORAL ELECCIONS REPRESENTANTES NO CONSELLO ESCOLAR -

Con motivo das eleccións para renovación de representantes no Consello Escolar dos distintos sectores da comunidade educativa que terá lugar no mes próximo, anúnciase que o vindeiro mércores día 2 de novembro, ás 12:00 horas, terá lugar o sorteo público para designar os membros da Xunta Electoral que supervisará o desenvolvemento do proceso.

Ver anuncio completo

 

RESULTADOS DA VOTACIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Rematado o proceso de eleccións para renovación dos representantes dos distintos sectores no Consello Escolar, a Xunta Electoral ven de proclamar os candidatos electos.

No Sector de alumnado entran a formar parte do Consello Escolar: Laura Rodríguez, Hugo Vascuas e Abel Seijas.

Polo Sector de nais e pais entra no Consello Escolar Isabel Lobato en lugar de Mayca Rodríguez, que cesou como membro. Continúan tamén Luís Martínez e Raquel Sangiao (respresentante da ANPA)

Polo Sector do Persoal de Administración e Servizos entra no Consello escolar a cociñeira Silvia Fagín en lugar de Pilar Pereiras que cesou como membro.

Polo sector do Profesorado resultaron elixidos como novos membros Raquel Cutrín, Xulia Marqués e Raquel Álvarez. Cesan como membros Mª José Albela, Gloria Ferreiro e Mónica Vilariño.

Lembrar tamén que forman parte do Consello Escolar, Manuel Costa como representante do Concello de Vedra e todo o Equipo Directivo do CPI: Lourdes Luaces, secretaria, Maria Martínez, Xefa de Estudos de Infantil e Primaria, Marcos Taracido, Xefe de Estudos de Secundaria e o director, José Viaño.

O CPI de Vedra quere manifestar o agradecemento pola axuda e colaboración prestada tanto aos membros saíntes como aos novos membros que pasan a constituír o Consello Escolar.

 

 

CANDIDATURAS E VOTACIÓNS DE NAIS E PAIS

A Xunta Electoral do CPI Plurilingüe de Vedra, reunida o pasado luns, proclamou aos candidatas/os provisionais presentados para a elección de representantes de nais/pais/titores legais.

A listaxe do consultarse no taboleiro do centro ou en Abalar Móbil. Ábrese un prazo de 2 días para posibles reclamacións.

As votacións do sector de anis/pais/titores legais serán o Martes día 23 de novembro de 2021 de 14.30 a 19.30 horas.

Distribuir contido


by Dr. Radut