Skip to Content

Celebracións

Día da Paz 2021

Este ano os nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria do noso centro puxeron todo o seu empeño para poder ofrecernos este lipdub que realizaron en xaneiro en relación á celebración do Día da Paz, o cal non se puido publicar antes debido a circuntancias derivadas da actual situación Covid. Esperamos que vos guste e que gracias a el teñades sempre presente a relevancia de manter día a día os valores e principios que representa esta conmemoración.

 

Entroido 2021

Este curso 2020_21  o alumnado de Educación Infantil e Primaria do noso centro celebrou o Entroido, dadas as circunstancias sanitarias actuais, realizando, entre outras actividades, un taller de máscarás a nivel de aula, sendo este o resultado derivado do mesmo. Impresionantes os traballos manuais realizados.


Parabéns polos esforzos feitos rapazas e rapaces!!!!

 

ORGANIZACION ENTROIDO-2021

A celebración do Entroido este ano, por mor da pandemia, será dun xeito diferente.

Ver carta ás familias

Entroido 2020 - Fotos e videos

Aquí podedes ver fotografías e videos do entroido celebrado no colexio en torno ao motivo das emocións:

Galería de fotos

Magosto no CPI Plurilingüe de Vedra

Todo o colexio, Infantil, Primaria e Secundaria, pasamos a tarde do xoves celebrando o magosto. Primeiro, todo o alumnado participou en competicións de xogos populares: carreiras de sacos, de relevos, o xogo do pañuelo e tiro de corda. Máis tarde, degustación de castañas asadas. Aproveitouse o evento para entregar os premios de concurso de microrrelatos organizado polo Departamento de Dinamización da Lingua Galega; aos seis alumnos e alumnas premiados entregóuselles un diploma e un pequeno agasallo.

Na seguinte ligazón podedes ver fotografías da celebración:

https://photos.app.goo.gl/MMXTPdAzHAZHeucX7

 

ACTO DE GRADUACIÓN - 4º ESO

Con motivo da finalización dos estudos obrigatorios do alumnado de 4º ESO, realizaremos un acto de graduación o MÉRCORES, día 22 de XUÑO, de 16 a 17.30 horas, no Centro Sociocultural de Vedra. Só poderán asistir como máximo dous familiares por cada alumna ou alumno de 4º ESO.

PROGRAMA

Graduación 2020-2021

Aquí vos deixamos as fotos da graduación de 4º de ESO 2020-2021. Bo verán!

Album Graduación 2020-2021

GRADUACIÓN ALUMNADO 4º ESO

O acto de graduación de 4º de ESO terá lugar o martes 22 ás 16 horas. Pola situación da pandemia non poderán asisitr as familias, de acordo cos protocolos e as instrucións da Consellería de Educación e da Inspección Educativa.

CARTA ÁS FAMILIAS 

Día da muller

Este ano o alumnado de Educación Infantil e Primaria do CPI Plurilingüe de Vedra realizou a nivel de aula, en relación ao Día Internacional da Muller, diversos traballos de investigación co fin de poñer de manifesto a relevancia da figura feminina ao longo da nosa historia, sendo esta montaxe audiovisual un pequeno resumo do resultado da labor realizada. 
 
Novamente, parabéns polo esforzo realizado rapazada!!!

 

 

CELEBRAMOS O DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA - 11 DE FEBREIRO

Con motivo da clebración do día da Muller e a Nena na ciencia, o alumnado da materia de Igualdade de Xénero de 2ºESO, ven de traballar sobre os fitos das mulleres na ciencia cunha publicación titulada "A CIENCIA TEN XÉNERO FEMININO", que adxuntamos a continuación. Coordinou o traballo o profesor da materia, Juanma do Río

"A CIENCIA TEN XÉNERO FEMININO"

Distribuir contido


by Dr. Radut