Skip to Content

Celebracións

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

O CPI Plurilingüe de Vedra ten programada unha intensa semana de actividades con motivo do Día das Letras Galegas, 17 de maio, que este ano tamén coincide co Día Mundial da Reciclaxe.

Semanas previas: Actividades arredor de Manuel María.

  • O lapis que só escrebe en galego. (Ver galería)
  • Presentacións dixitais de Poemas musicados de Manuel María. (ENLACE) 

Venres 13: Participación CORRELINGUA. O alumnado de 1º e 2º de ESO participará na carreira na defensa da nosa lingua.

Luns 16: Celebracións no centro.

  • 11:00 h. - Visita da Conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, ao xogo de SOGAMA "Un partido polo planeta" no que participa o CPI Plurilingüe de Vedra. Este feito enmárcase na celebración do Día Mundial da Reciclaxe, 17 de maio, que coincide co día das Letras Galegas.
  • 12:00 h. - Actividades conxuntas no patio
    • Entrega de Premios das Cartas de Amor
    • Cancións: “ O Carro”, “ O Cuco”, “Sementeira”, “ Galicia Docemente”
    • Bailes.
    • Baile “Indo Eu” en rolda e con pandeiretas.
  • 13:00 h. - Carreira Solidaria (colaboración coa ONG "Save the Children") aprazada no mes de xaneiro.

FELICITACIÓN DE NADAL

Felices Festas a todas e todos.

 

CELEBRAMOS O ANTROIDO 2015

Coma sempre o venres de Antroido celebramos no centro o desfile de máscaras que con moito agarimo preparan o alumnado e profesorado de todos os niveis. Este ano destacaron os disfraces adicados a Joan Miró, os mexicanos, xogos de mesa e videoxogos, e moitos máis. Os profes tomaron como referencia o día de San Valentín, con cupido lanzando frechas co seu arco.

Aquí podedes ver unhas imaxes da celebración.  

DIA MUNDIAL DE CONCIENCACIÓN DO AUTISMO - 2 DE ABRIL

DIA MUNDIAL DO AUTISMO

CARTEL DA CELEBRACIÓN

 

DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO - 2 DE ABRIL

O día 2 de abril celébrase o Día da Concienciación do Autismo. O centro participa decorando as clases e dependencias con globos azuis. Ademais incluímos aquí uns vídeos explicativos para nenos e maiores co fin de dar a coñecer este tema.

  

Vídeos explicativos:

http://youtu.be/eX3v3kRgVCY

http://youtu.be/YybEpQK_g-8

http://youtu.be/tjYrrIgNaGE

http://youtu.be/SkESmiZwwTM

http://youtu.be/mzl33DR2rnM

 

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN 2013 EN FOTOS

Día da Paz

Vídeo realizado polo alumnado de Relixión de Primaria e Secundaria do Centro.

 

 

XA ESTÁN DISPOÑIBLES UN VIDEO E A GALERÍA DE IMAXES DE ENTROIDO 2013

Un ano máis o Entroido resultou un éxito de participación e a troula deixou unhas imaxes moi divertidas. Pódese acceder a algunhas imaxes na Galería de fotos e adxúntase un vídeo dos atranques dos futuros e futuras Xenerais do Ulla.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut