Skip to Content

Celebracións

25 de novembro

Durante a semana do 25 de novembro as nenas e nenos de 6º de Educacion Infantil estivemos aprendendo un par de “consellos para máis alá do 25 de novembro”.

Unha vez que os aprendimos contámosllos aos nosos compañeiros e compañeiras de infantil e de segundo!

Prestade moita atención

e aprendede estes consellos

ogallá non fagan falta

pero é mellor sabelos!

 

 

 

Día das Letras Galegas

O xoves 16 de maio vimo s de celebrar no CPI Plurilingüe de Vedra o Día das Letras Galegas. Por mor do mal tempo tivemos que cancelar a comida no exterior, pero mantivemos o resto de actividades: xogos populares, música tradicional, actuacións do alumnado para festexar a nosa lingua...

Velaquí tedes unha crónica gráfica:

https://photos.app.goo.gl/mqbDDjqbhzRoRD2r6

 

 

DIA DA POESIA EN INFANTIL

Entroido no CPI de Vedra

O venres 1 de marzo vimos de celebrar o entroido no noso CPI. O alumnado de infantil e primaria disfrazuose seguindo o proxecto do centro "O bosque", mentres que o alumnado de Secundaria reproducíu o entroido tradicional da Ulla. Aquí algunhas fotos:

Entroido CPI Vedra 2019.

Web de RadioVedra

Hoxe, Día da Radio, publicamos a nosa páxina web adicada a mostrar tódalas emisións e podcast que elaboremos en RadioVedra, dentro do proxecto Radio na Biblio:

RadioVedra

ANTROIDO NO CPI DE VEDRA. 9 DE FEBREIRO.

Achegamos enlace ás primeiras fotos da celebración do Antroido que tivo lugar o venres día 9 no noso centro. Pola condicións meteorolóxicas non se puido celebrar o tradicional desfile polas rúas próximas. O acto tivo lugar no pavillón municipal que estivo abarrotado de público.

As comparsas estiveron centradas na temática común de Músicas de sempre e traxes alusivos.

Ver fotos +

Video montaxe con todas as actuacións 

CONTINUAMOS COA TRADICIÓN DOS ATRANQUES NO NOSO ANTROIDO

Coma en anos anteriores un grupo de rapazas e rapaces do CPI Plurlingüe de Vedra protagonizaron os atranques de xenerais de fonda tradición nos carnavais da comarca ullán.

Ler máis +

Ver + fotos

Ver vídeo +

  

CELEBRAMOS O DIA DA PAZ E A NON VIOLENCIA

O CPI Plurilingüe de Vedra celebrou o pasado luns, 30 de xaneiro, o día da Paz e a Non Violencia. O acto artellouse en torno a "Sadako e as mil grúas", lenda xaponesa que di que se fas mil grúas de origami podes pedir un desexo. Entre todo o alumnado do centro elaboráronse mil grúas que se colgaron no patio cun cartel alusivo. Ademais cantouse unha canción de temática relativa as actitudes conciliadoras e pacifistas, complementando a posta en práctica do programa "Apadriñamento lector" dos alumnos maiores aos máis cativos.

Ver fotos +

O CPI PLURILINGÜE DE VEDRA TAMÉN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Este venres 25 de novembro o C.P.I. Plurilingüe de Vedra uníuse ao clamor xeral contra a violencia de xénero. O alumnado que cursa a materia de Igualdade de xénero en 2º de ESO, dirixido pola profesora de Plástica, elaborou un cartel alusivo co que despois se fixeron fotos do alumnado e profesorado nesta xornada reivindicativa

Enlace coas fotos: https://goo.gl/photos/w8M6CSuHQMsugdqW7

CONCURSO DE MICRORRELATOS DE MEDO "Arrepíos e outros medos"

Entrega de premios do concurso de microrrelatos de medo Arrepíos e outros medos

O xoves pasado, aproveitando que estabamos a celebrar o Magosto, todos xuntos e de festa, entregamos os galardóns aos mellores escritores de relatos breves que participaron no concurso.

Estes foron os gañadores:

1.º ESO.CLAUDIA GUIANCE -"Silencio"

2.º ESO.MARIÑA CORTÉS- “Cando cae a noite”

3.º ESO. DAVID FREIRE- "Rutinas"

4.º ESO. LAURA CERNADAS "O xogo"

O EDLG, que promove o certame, quere felicitar aos alumnos premiados e animalos a seguir escribindo na nosa lingua. Unha maneira de honrala e de honrarnos.

Distribuir contido


by Dr. Radut